Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Cando ruxe o formigueiro 2.0"

San Sadurniño, 2019

6ª Chanfaina'Lab (25). Estrea mércores, 8 de abril do 2020
Director: Iago Lourido.
Dirección de fotografía: Iago Lourido
Son: Maruxa Bouza e Iago Lourido
Reparto: Pablo Martínez, Joám Cortizas, Iago Lourido, Eduardo Lourido e Cristina Calvo,
Sinopse: "Parodia desbocada dos programas de entrevistas "cliché" da TV; conta con numerosas referencias a éxitos populares de youtube e memes das redes; entre eles "Cando Ruxe o Formigueiro 2.0", un programa de entrevistas sobre cine con invitados que presentan as súas pezas."
Duración: 14' 07”
Gravado na Casa da Xuventude de San Sadurniño dentro do programa da 6ª Chanfainalab


Iago Lourido naceu en Ferrol no 2004, mais cando tiña tres anos a súa familia trasladouse a Naraío. Este curso estuda 4º da ESO no CPI de San Sadurniño. Aos seus 15 anos Iago é un mozo inquedo e activo ao que lle ferve a cabeza pola súa incesante curiosidade. Gústalle o parkour, como ben quedou acreditado na súa colaboración na 4º Chanfaina en "Enamorándose de San Sadurniño" do seu amigo Pablo Martínez. Mais tamén e un gran apaixoado da fotografía e de todo canto teña que ver co cinema e o audiovisual. É un youtubeiro experimentado: na súa canle de youtube "MyNameIsDex" vai colgando todo o que produce con xa máis de 60 vídeos publicados. Asemade xestiona e deseña a marca propia de roupa "Kraken" e tamén deseña cartaces e logos.Neste último ano anda a voltas coa fotografía analóxica. O seu soño de futuro é ser director de fotografía. Na 5º Chanfainalab realizou "The Sansa stomp"

Como na edición anterior, Iago volveu a facer piña cos seus amigos Joam e Pablo, colaborando na curta “Xoel e Sancho Yoda". Na peza que ideou este ano, Iago volveu a enlearse coas teimas da súa xeración: "Eu polas noites adoito ver "El Hormiguero" e alí atopei cousas e momentos graciosos que me inspiraron para dar coa idea, ademais deste xeito, non só crearía un vídeo monotema, senón que, ao contar con varios autores dentro da curta, podería facer varias curtas dentro dunha. Está claro que o título é unha homenaxe a mítica curta de Abel Vega. Os problemas principais que tivemos foron encontrar o material para gravar, pero ao final conseguimos a varias persoas que nos axudaron, como por exemplo o audio, xa que non quería usar o micro da cámara porque non é moi bo, así pois conseguimos que a avoa de Catalina nos prestara o seu micrófono que ademais daba o moi ben pego para o programa."

En "Cando Ruxe o Formigueiro 2.0", Iago xunto con Pablo e Joám insiste en traballar coa materia prima do seu persoal mundo youtubeiro e nesta ocasión parodia ós programas de entrevistas e telerrealidade, cunha trama poboada de referencias ao cine, ás redes e figuras recoñecidas do entorno de Internet: "Ao mellor algunha xente non vai a entender ben certas referencias que utilizo no vídeo, especialmente quen non estea moi metido na comunidade de youtube e as súas polémicas ou memes dende hai uns anos; Un exemplo, no vídeo entrevisto ao director "IsmaelPreghocheQueCales" que presenta a curta "Cocido". Isto fai referencia ao youtuber Wismichu - chamado realmente Ismael Prego- e a película experimental que sacou a finais do 2018 chamada "Bocadillo"; se vedes o tráiler desta e o de "Cocido", veredes que teñen practicamente o mesmo enfoque de guión". Así pois, deixémonos atrapar polo fervello de ideas que saen do maxín inesgotábel deste adolescente de Naraío porque aporta frescura e xuventude ás miradas dos cineastas que participan na Chanfainalab. Ese caldo creativo, desinhibido e sen complexos que agroma na curta de Iago Lourido só precisa tempo para desenvolverse. Seguimos mantendo a mesma opinión do ano pasado: para a organización da Chanfainalab volve a ser un orgullo e unha honra a participación e a imaxinación desbordada de rapaces tan creativos como Iago e os seus colegas.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Cando ruxe o formigueiro 2.0"

  • Iago Lourido na 6ª Chanfainalab

  • Iago non chegou a tempo para a foto oficial da 6ª Chanfainalab

  • Iago Lourido en "Cando Ruxe o Formigueiro 2.0"

  • Iago en "Xoel e Sancho Yoda"

  • Iago Lourido "Anonymous" en "Cando ruxe o formigueiro 2.0"

  • Mocerío audiovisual en Sansa: André, Pablo, Iago e Catalina

  • Iago c@s cineastas da 6ª Chanfainalab

  • Iago Lourido na estrea mundial de "Cando Ruxe o Formigueiro 2.0"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, Naraío, vídeos, Chanfaina'Lab, cinema

Autor/a: Iago Lourido

Vídeos:
MyNameIsDex
"The Sansa stomp"
Donde mi abuelo trabajó hace 46 años
Los Niños De Hoy En Día

Compartir en: