Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

Nace "Pumariño"

San Sadurniño, 1976

En xaneiro de 1971 chegou a San Sadurniño un novo párroco, Ramón Díaz Raña; tiña daquela 32 anos e o seu dinamismo foi como un soplo de aire fresco para o adormecido concello nos anos finais do franquismo. Un feixe de proxectos foron agromando do seu vizoso maxín ao longo dos vinte anos que viviu en San Sadurniño; o proxecto de Fogar parroquial, o pulo do grupo Sarabias, o festival Cantareliña, o arranxo das igrexas parroquiais ou a súa biblioteca persoal, sempre aberta a veciños e veciñas con inquedanzas. Mais tamén deulle tempo a facer pinitos como escritor e participar como ensaísta e membro do consello de redacción na prestixiosa revista "Encrucillada".
Un dos seus "fillos"mais relevantes será a revista "Pumariño", que inicia a súa andaina en marzo de 1976, tres meses despois da morte de Franco. A publicación supón un rexistro exhaustivo do acontecer do concello ata a súa desaparición en 1983, cun protagonismo especial na dinámica social das sete parroquias. En palabras do propio Ramón Díaz Raña: “O que máis nos preocupaba era informar. Estaba a nacer unha sociedade nova. Queríamos que, desde unha posición non partidaria, se ofreceran elementos para a participación da xente, que ata daquela estivera marxinada ou adoctrinada”. Mais o seu espíritu crítico e retranqueiro non sempre foi comprendido por algúns, nomeadamente polos poderes locais daquela.
Nos 50 números da revista colaboraron outras voces de homes e mulleres con inquedanzas como Marián Arroyo, Rexina Cinza, Miguel Sanjurjo Sixto, Paredes, Pepe Gudín, María Teresa Pouso, José María Ladra, Javier Luaces, Jesús Breijo, José Permuy, Margarita Sánchez, Luís Fernández Prieto, Antonio Tuimil, Manuel Sixto, José Luis Sanjurjo Sixto, Marcelino Salvatierra, José María Calvo, Manolo Rico e Manuel José Lamas Soto. Podes ler a colección completa de "Pumariño" na edición dixital realizada pola Asociación Cultural "O castelo de Naraío" no ano 2014.

Ramón Díaz Raña debulla neste audio -gravado en Cáceres- algunhas lembranzas daquel tempo ilusionante e dunha revista imprescindíbel para entender a historia de San Sadurniño nos anos da transición á democracia.

  • Nace "Pumariño"

  • Alusión de Ramón Díaz á Varela no audio (Pumariño abril 1979)

  • Ilustración do Pumariño

  • Portada do Pumariño 1979

  • Portada do Pumariño febreiro 1979

  • Por qué se durme San Sadurniño

  • Pumariños vendidos

  • Portada Pumariño, maio 1977

  • Portada Pumariño abril 1981

  • Raón Díaz Raña (2014)

  • Portada do primeiro Pumariño. Marzo de 1976

load

Documentos:

Recobrou o sorriso o Eleuterio.
Pumariño nº 1. Marzo 1976
"Historia dunha vidiña" por Ramón Diaz Raña
Pumariño nº 2. Abril 1976
Pumariño nº 3. Maio1976
Pumariño nº 4. Xuño de 1976
Pumariño nº 5. Novembro de 1976

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, creador@s, lecer, San Sadurniño (Concello), xente, pintura

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: