Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

tecnoloxías

Aos poucos, as tecnoloxías do mundo contemporáneo foron enxergándose no universo agrario de San Sadurniño. cine, coches, electricidade, máquinas, internet, tren

"Fálame de San Sadurniño": Premio Europeo Acting

Xenebra, Suiza, 2015

O 24 de setembro do 2015 o proxecto Fálame de San Sadurniño, logrou o premio á mellor iniciativa no concurso impulsado polo proxecto europeo ACTing- Axentes sociais como promotores do envellecemento activo a través das TIC.

O "ACTing-Axentes Sociais Promotores da Idade activa a través das TIC" iniciouse no ano 2013 con financiamento comunitario e coa participación de proxectos de catro países: España, Romanía, Italia e Suíza. O obxectivo do ACTing foi o de analizar e por a proba novos métodos de traballo no campo da inclusión tecnolóxica das persoas maiores, nun contexto en que -segundo o Eurostat- só o 42% da poboación europea maior de 55 anos usa regularmente a Internet. Neste sentido, o traballo do ACTing centrouse en ver experiencias sobre como ensinar a usar a tecnoloxía pero, sobre todo, en coñecer fórmulas para que a xente maior experimente e integre as novas ferramentas na súa vida diaria.

Ao programa sumáronse 36 iniciativas que, na fase final do proxecto, terían a oportunidade de participar nun concurso con dúas fases: unha de preselección de dúas candidaturas por país -por España seleccionouse tamén o proxecto "Shakespeare, falamos con William" Universidade Sénior da UDC- e outra final que deixou só catro candidaturas, unha por estado participante, Blusa Blog (Italia), Grandparents online (Romanía), Computers are easier in spanish (Suíza) e Fálame de San Sadurniño (España).

O premio entregouse no marco da Conferencia final do proxecto, celebrada en Xenebra na sede de ICVoluntaires, e recollérono Carmen Suárez, dinamizadora da aula CeMIT de San Sadurniño e artífice de Fálame; e Cruz Piñón e Consuelo Picos, as primeiras colaboradoras no proxecto. Fálame de San Sadurniño consiste na creación e dinamización dun espazo online que recolle a historia e fotografías antigas e novas e o día a día do Concello de San Sadurniño e cuxo traballo realízan nunha alta porcentaxe as persoas maiores do lugar que asisten á aula de aprendizaxe de tecnoloxías da información e a comunicación (aula CEMIT).

O xurado formado por Carmen Alemán Laín, Directora Relacións Institucionais de SECOT, Rodrigo Zardoya Membro de Telecentro Europe e Altheo Valentini, Director Xeral de Subvencións europeas Academia Internacional SAR U, valorou da iniciativa a súa innovación, creatividade, uso da tecnoloxía, utilidade social, impacto, metodoloxía e visibilidade dá iniciativa".

No proxecto participaron, desde o ano 2013, 230 persoas, relatando máis de 700 historias, «faladas, con textos, fotografías e vídeos».

A iniciativa europea ACTing
Ao longo de dous anos (2013-2015), o proxecto ACTing proporcionou aos axentes sociais que traballan con persoas maiores uns coñecementos e unha metodoloxía adaptada a este colectivo, co fin de promover o envellecemento activo a través das tecnoloxías da información e a comunicación. ACTing estivo financiado a través do Organismo Autónomo Programas Educativos da Comisión Europea, e liderado por Fundetec. Conta coa participación de entidades que representan a catro países: España (Fundación Esplai), Italia (Fondazione Mondo Digitale), Romanía (Asociativa pentru Educatie Permanenta in Mediul rural) e Suíza (ICVoluntarios).

Referencias na prensa:
Código Cero
Praza.gal
La Voz de Galicia
El Correo Gallego
Sermos
Concello San Sadurniño
Fundación Esplai
El Correo Gallego
La Voz de Galicia
Esmartcity
Apeti
Diario de Ferrol
Ferrol 360
Xente Dixital
La Voz de Galicia
Diario de Ferrol

  • "Fálame de San Sadurniño": Premio Europeo Acting

  • Baixando do avión en Xenebra

  • Cruz e Consuelo chegan a Xenebra

  • Cea de recepción coas amigas de Fundetec, Fundación Esplai, , Lourdes, Ana , Anabel, e Virginia na sede de ICVolontaires

  • Cruz e Consuelo na festa de recepción

  • Consuelo e Cruz disfrutando da actuación

  • Preparando o discurso en inglés no acto de entrega dos premios

  • Agardando pola decisión do xurado...

  • E o Premio Europeo Acting é para... España!!

  • Recollida do premio

  • Foto de grupo con as compañeiras de Fundetec e Fundación Esplai, e o resto de iniciativas participantes,

  • Carmen recollendo o premio

  • Celebrando o premio coas chicas de Fundetec e Fundación Esplai...cunha fondee

  • O lago Leman e a fonte Jet d’Eau

  • De paseo en barco polo lago Leman

  • No banco máis longo do mundo

  • Consuelo e Cruz disfrutando dun paseo polo centro histórico

  • A Banca tamén está en Xenebra

  • Xenebra "o paraiso" do chocolate

  • Vista do Mont Blanc

  • Reloxo floral no Xardín Inglés

  • Selfie no reloxo floral

  • Cea de despedida na Casa de Asturias en Xenebra con Lourdes, Ana, Consuelo, Cruz e Carmen

  • Carmen escanciando un culín de sidra

  • Despedida de Xenebra

  • Diploma do premio Acting

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Internet, muller, tecnoloxía

Autor/a: Carmen Suárez Nieto

Compartir en: