Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

Iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

6ª Chanfainalab

San Sadurniño, 2019

Durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 celébrase en San Sadurniño a 6ª edición da ChanfainaLab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do Concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: os participantes teñen que gravar na fin de semana unha película dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.

Outro dos sinais de identidade da Chanfainalab é o de ser un"revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as participantes segundo idade, sexo, formación ou experiencia d@s cineastas para que o encontro teña un tempo fecundo, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara, máis do 70 % dos participantes son autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño: Dende os mais novos como os moz@s de Sansa Pablo Martínez (2004),
Catalina Rodríguez, (2004), Iago Lourido, (2004); un grupo de moz@s de Naraío: Brais Varela, Iago Varela, Brianda García, Antonio Fragua, Geray Arnosa, Oscar Torrente e Verónica Castrillón que participan por vez primeira; a mocidade de Bardaos representada por Bieito Beceiro (1999), San Sadurniño por Andrés Couce (1997); Santa Mariña do Monte por Irene Beceiro (2000); Ferreira por Noemi Caneiro (2003); Naraío por Ángela Arnosa (1996) e Eloy Arnosa (1999). Mais tamén veciños e veciñas convértense en cineastas como o veterano de Igrexafeita Abel Vega (1958), o "adoptado" na Lobeira Fran Bermúdez (1978), Ana Lamas de Igrexafeita; Roberto Bouza (1979) de Ferreira, as xa famosas labregas de "Teño unha horta en San Sadurniño", (Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce e Carmen Bouza) e as mozas de The Sungirls, (Graciela Galdo, Mónica Cibreiro e Olga Vigo); tamén participan cineastas ferroláns como Antón Rodríguez (1991) e as novísimas Sara Alonso (2002) e Ana Martínez (ATE) (2001). Dende Valdoviño ven Noelia Uceira (1998) e dende Cambre,Javier Seoane(1991). Unha abondosa e abrumadora representación local da que nos sentimos moi orgullos@s.
E por suposto, como nas anteriores edicións acudirán relevantes cineastas ou interesados no cinema galego procedentes de distintos puntos da xeografía do país: a profesora, axitadora cultural e promotora do Olloboi Ana Moreiras, o director e cineasta de referencia do Barbanza Luis Avilés; a directora de fotografía e revelación do cinema galego e español Lucía C. Pan, o dinamizador e polifacetico artista visual ourensán Anxo Santomil; o experimentado cineasta Fran X. Rodríguez; a crítica, ensaista e divulgadora da cultura dixital en Galicia Maria Yáñez, o referente da Televisión de Galicia e a videocreación galega Manuel Abad; a novísima cineasta Aldara Pagán. Todos eles e elas representan diferentes modos e xeitos de concibir a creación audiovisual dende ámbetos e prácticas artísticas diferentes para engadirlle matices e variedade á Chanfaina..
O cartaz está inspirado na fotografía "Señoritas de San Sadurniño", tirada no ano 1916. Aquí podedes consultar a historia da fotografía . O artista e tamén chanfaineiro Anxo Santomil realizou a carátula animada segundo o cartaz da 6ª Chanfainalab


OBRADOIROS
Ademais do Encontro de Cineastas e as proxeccións de venres e o sábado, desenvolveranse catro obradoiros con entrada libre e gratuita
Martes, 3 (de 16-20 horas ): Sandra Sáchez: "A montaxe non é pegar planos"
Mércores, 4: (de 10 a 14 horas): AMTEGA: “Converte o mundo dos videoxogos e animación 3D no teufuturo profesional”
Xoves, 5:(de 10 a 14 horas): AMTEGA: “Crea a túa APP”
Venres 6 (de 10 a 14 horas): Anxo Santomil:“Introdución á fotografía 3D”

PROXECCIÓNS GRATUITAS
Venres 6 as 20.30: "Eira de cineastas". Proxección antolóxica de pezas realizadas pol@s cineastas participantes.
Sábado 7 as 20.30: "Hamada" de Eloy DomÍnguez Serén.

O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño. Colaboran as Asociacións veciñais de Santa Mariña do Monte, Adiante Igrexafeita, Xuntanza de Lamas , San Pipote de Bardaos, Pico de Ferreira e Aula Cemit. O encontro é patrocinado pola Deputación de A Coruña e o Concello de San Sadurniño.
Mais información:
- Facebook da Chanfaina'lab
- Facebook do Concello de San Sadurniño
- Web do Concello de San Sadurniño

  • 6ª Chanfainalab

  • Programación 6º Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, creador@s, eventos, lecer, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes

Compartir en: