Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

hortas


TEÑO UNHA HORTA EN SAN SADURNIÑO
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

"Teño unha horta en San Sadurniño": Mellor webserie VO en galego

Carballo, 2017

O proxecto Teño unha horta en San Sadurniño, co seu canle en youtube Teño unha horta en San Sadurniño recibiu o día 6 de maio de 2017 o premio á "Mellor webserie VO en galego" no prestixioso festival Carballo Interplay.
Nesta iniciativa participan Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza, Consuelo Picos, Cruz Piñón e Carmen Suárez.
O festival de contidos dixitais Carballo Interplay, é un evento pioneiro ao organizar a primeira competición de webseries de España. Pero os seus contidos van máis alá da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de internet como medio para a narración, o humor más transgresor, a non ficción, a cultura dixital, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base.

Podedes ver o álbum de fotos do Carballo Interplay 2017

Éste é o estupendo vídeo resumo do festival


Referencias na prensa
Código Cero
Diario de Ferrol
La Voz de Galicia: a gala dos premios en imaxes
Praza Pública
Concello San Sadurniño

  • "Teño unha horta en San Sadurniño": Mellor webserie VO en galego

  • No momento de subir a recoller o premio

  • As chicas moi emocionadas

  • Consuelo dando as grazas polo premio

  • Carmen agradecida polo recoñecemento

  • O equipo da horta con Secundino, alcalde de San Sadurniño e Sabela, concelleira de Cultura

  • Felices no fotocall

  • Foto de grupo con todas as persoas premiadas

  • Carmiña disfrutando no fotocall

  • Comienza a gala...

  • As youtubeiras de San Sadurniño

  • Con todas as series seleccionadas na sección oficial "VO galego"

  • Presentando a nosa webserie...

  • Atendendo aos medios...

  • Equipazo, Sonia Mendez e Ana Dixital

  • O equipo de Carballo Interplay 2017

  • A gala de entrega de premios

  • Esty "soy una pringada" pinchando na festa

  • Disfrutando da pinchada de Soy una pringada

  • Trofeo Carballo Interplay 2017

  • As rapazas de "Teño unha horta..." moi orgullosas do premio

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Horta de Maruxa, Horta de Carmiña, Horta de Cruz, Horta de Consuelo, Horta de Lucita, Igrexafeita, Internet, labregos e labregas, Lamas, muller, Naraío, San Sadurniño (Concello), tecnoloxía, traballos, vídeos, xente

Compartir en: