Fálame de San Sadurniño

escolas

O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas

test

Inauguración do colexio público de San Sadurniño

San Sadurniño, 1973

O 10 de decembro de 1973 abríu as súas portas o flamante colexio de EXB de San Sadurniño. Fora unha teima persoal do alcalde Ángel Gavín. Propúxose mercar 10.000 metros cadrados de terreo ao carón do concello para edificar un grupo escolar pioneiro que agrupase as deficientes escolas unitarias que salpicaban o disperso territorio de San Sadurniño. Unha escola con comedores, transporte escolar, espazo para actividades deportivas que puidera ser ampliado e mellorado ao longo do tempo. O Concello solicitouno oficialmente o 5 de febreiro de 1966. Nos anos seguintes falouse paseniñamente con veciños e veciñas, un a un, con paciencia e tolerancia, ata que a comezos de 1969 o obxectivo estaba cumprido e todas as terras do proxecto eran xa propiedade do Concello. Tras dous anos en obras, inaugurábase o que hoxe é o CPI de San Sadurniño. O primeiro director foi Jesús Ramos Fernández. Un centro modélico con numerosas actividades e premios de todo tipo ao longo dos seus corenta anos de historia e que podes seguir na web ou na súa canle de Youtube.
Xosé López Gudín –que foi profesor alí- fálanos dos comezos desta institución educativa fundamental para o concello de San Sadurniño.


Na 3ª Chanfaina Lab, o alumno de 1º da ESO, Pablo Martínez amosa o seu traxecto ata o centro educativo na súa peza "O meu traxecto ao cole"

Inauguración do colexio público de San Sadurniño
Inauguración do colexio público de San Sadurniño
Imprimir | Ampliar

Todas as imaxes:

Comentarios

Máis imaxes

Temas: escola, nenos e nenas, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Xosé López Gudín

Vídeos:
Programa de TVE "Galicia, de escola a escola”(1989)
De ratos e nenos (2013)