Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Envía as túas fotos

Colaborar no proxecto “Fálame de San Sadurniño” é ben doado:  só tes que aportar  fotos e falar do seu contido.

Se dispós dalgunha foto que consideres de interese tanto do pasado como do presente de San Sadurniño, podes gravar un audio cunha pequena explicación da imaxe e envíalo ao correo electrónico: falamedesansadurnino@gmail.com. Se non sabes cómo gravar o audio ou tes as fotos en papel, podes achegarte á Aula CeMIT do Concello de San Sadurniño, e ensinámoste a facelo.

Mais tamén podes enviar unha foto ou vídeo dun lugar ou momento concreto, acompañado dun audio coa gravación do son dese momento (os paxaros, o río, una treboada, unha festa, etc...).

Requisitos do material a enviar:

Fotos en formato dixital cunha resolución mínima de 1024x768 ou superior.

Audios en formato mp3.

Coordenadas da xeolocalización do lugar da foto.

Vídeos preferentemente en Mpg4 ou AVI

E tamén agradecemos que podas enviar aqueles datos da foto que sexan posibles entre os seguintes: título da foto, nome e apelidos do relator/a, ano, concello, parroquia e lugar da fotografía, propietario e fotógrafo.