Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Natividad Quindós y Villaroel, VII marquesa de San Sadurniño

Madrid, 1900

O dia 18 de abril do ano 1900 morre en Madrid, no seu gran pazo da rúa San Bernardo 18, o senador vitalicio ferrolán José Mariano Quindós y Tejada, VI marqués de San Sadurniño. Péchase así un longo camiño de 78 anos no que a pequena nobreza periférica ferrolana conseguiu emparentarse coa elite da aristocracia madrileña. O título nobiliario e toda a herdanza pasan a súa única filla, Natividad Quindós y Villaroel.
Natividad ten daquela trinta e nove anos. Está na flor da vida e síntese parte dos “novos aires” da corte madrileña por mor da inminente proclamación do adolescente Alfonso XIII como Rei de España. Natividad viviu ademais, unha serie de circunstancias persoais que tiveron como consecuencia a acumulación dun gran número de títulos nobiliarios, e polo tanto, patrimonio e inmensas riquezas.

Naceu no “suntuoso” pazo familiar madrileño o 19 de agosto de 1861 e todo veulle dado. A súa infancia debeu ser ben feliz e sen problema algún pola inmensa fortuna dos pais. Ás prematuras mortes da súa nai en 1873 e do irmán en 1884 outorgáronlle o título de IX Vizcondesa de la Frontera aos 23 anos. Casou na capela privada da casa dous anos despois nunha voda fastuosa con outro Grande de España, Ricardo Arias-Dávila, polo que será Condesa consorte de Puñonrostro e de Cumbres Altas. Podes ler aquí a crónica da súa voda. Pola morte en 1893 do seu tío materno, Luís de Villaroel y Goicolea, herdará os títulos de III Duquesa de la Conquista, V Marquesa de Gracia Real de Ledesma e XIV marquesa de los Palacios. Sendo xa Grande de España, aos 33 anos (1894) foi nomeada Dama da Raíña María Cristina. Agora, á morte do seu o pai, recibe un novo título, o de VII Marquesa de San Sadurniño.

Entre todas as posesións espalladas por España, á nova Duquesa gosta de San Sadurniño especialmente. É de supoñer que os escasos veráns que pasou na infancia xogando polas inmensas propiedades paternas de Ferrolterra, como a fascinante fraga do marqués, deixaran fonda pegada na súa personalidade. Nos cincuenta anos seguintes, ata a morte en 1953, manterá un lazo indisoluble co que ela definía como “Vila da tranquilidade” e converterá o pazo de San Sadurniño nun lugar de referencia da aristocracia española. En 1894 pecha cunha reixa e muros de mampostería os xardíns do pazo, se cadra por estaren arentes da estrada a Ortigueira e sufrir algúns roubos. Xa nos últimos veráns co seu pai en 1897 e 1898 fixéronse algunhas reformas no pazo familiar. Tras do tempo de loito, en 1901, reformará por enteiro o vello pazo do marqués, dando comezo o seu proxecto persoal para a “vila da tranquilidade”. A sombra de Natividad Quindós será determiñante na vida política e social de San Sadurniño durante o primeiro terzo do século XX. O artista visual Anxo Santomil recreou o tempo de esplendor da Marquesa en "A Marquesa e o Pazo", realizada na 6º chanfainalab.
Todas as historias de Natividad Quindós, marquesa de San Sadurniño
Na fotografía, Natividad Quindós y Villaroel arredor de 1900

  • Natividad Quindós y Villaroel, VII marquesa de San Sadurniño

  • Pazo dos Duques en Madrid (San Bernardo, 18)

  • Esquela do VI Marqués de San Sadurniño (La correspondencia española)

  • Necrolóxica do Marqués escrita polo seu irmán (La Época 26.4.1900)

  • Crónica da voda de Natividad Quindós .La época 11-7-1886

  • Morte do II Duque da Conquista 18-3-1893

  • Discurso do Marques consorte de San Sadurniño diante da Raiña María Cristina. La época 16-4-1891

  • Roubo no Pazo do Marqués. Correo de Lugo 18-10-1900

  • Residencia en Madrid dos Marqueses de San Sadurniño (San Bernardo,18). La voz 15-4-1931

load

Documentos:

Carta do Duque da Conquista informando da morte do Marqués
Do Pazo ao Senado. Sangue fidalga na oligarquía hispana. Xavier Brisset. Anuario brigatino.2012
Natividad Quindós, la duquesa que todo lo donó. LVG 27.8.2006

Comentarios

Máis imaxes

Temas: outros lugares, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), Señores de San Sadurniño

Autor/a: Manuel González Álvarez

Fotógrafo/a: Arquivo Fernando Campos

Compartir en: