Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

O Pazo dos Marqueses de San Sadurniño en 1910

San Sadurniño, 1910

Á altura de 1910, o pazo lucía en todo o seu esplendor. Comezara a súa remodelación en 1882 impulsada polo vello VI Marqués de San Sadurniño, mais será a súa filla Natividad Quindós quen lle dará o seu aspecto actual a comezos do século XX. Incluía ademais de fermosos xardíns con eucaliptos, paseos a carón do Xuvia coa súa pérgola, embarcadeiro, unha capela, hospital, unha fonte pública, a granxa, o invernadoiro, un pombal, unha cancha de tenis, ademais da inmensa fraga para actividades cinexéticas e lecer dos seus selectos invitados, incluídos os Reis de España e membros da familia real. O pazo dispuña de luz eléctrica propia cunha instalación deseñada polo enxeñeiro xuizo Mathias Wirz.
O interior do Pazo tamén lucía con mobiliario luxoso, biblioteca e cadros de gran formato pintados por Asterio Mañanós.
Á morte da marquesa en 1953 , o Pazo transformouse nun Colexio-residencia das "Hijas de Cristo Rey" ata o ano 2010, que pasou a mans do Concello. Dende xuño do 2014 é a Casa do Concello de San Sadurniño.
En Documentos pódese descargar e ler unha completa reportaxe sobre o pazo dos Marqueses de San Sadurniño escrita por Joaquín Arias Miranda, "el hidalgo de Tabasco" e publicada na revista Vida gallega nº 34 (1911) con imaxes do fotógrafo ferrolán Pascual Rey. Podes ver varias fotografías das instalacións do pazo pertencentes ao Arquivo municipal de San Sadurniño.
Todas as historias sobre o Pazo da Marquesa.

  • O Pazo dos Marqueses de San Sadurniño en 1910

  • Exterior pazo da Marquesa

  • Xardíns dende o pazo (Arquivo do Concello San Sadurniño)

  • Pazo dende o xardín. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Salón. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Lendo o xornal. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Na terraza. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Marquesa regando. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • No patio do pazo. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • No salón. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Xantar no patio. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • No xardín. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Exterior pazo. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Pintura do pazo da marquesa

  • A marquesa no seu salón de lectura (Arquivo municipal de San Sadurniño)

  • María Natividad Quindós y Villarroel, Marquesa de San Sadurniño

  • Vista posterior do pazo Foto falada por Manolo Rico

  • Tarde de calceta

  • O pazo como sede do Concello (2014)

  • Pérgola no recuncho do río Xuvia

load

Documentos:

O pazo dos duques da conquista
Breve historia do marquesado de San Sadurniño

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, patrimonios, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Manuel González Álvarez

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: