Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

A Fraga da marquesa

San Sadurniño, 1905

A “Fraga da Marquesa” ou “Bosque do Marqués” era una inmensa extensión valada de case 100 hectáreas, densamente arborada con mais de 25 000 carballos, 5 000 piñeiros e outros moitos tipos de vexetación autóctona. Dende a Idade Media foi fonte de provisión de leña para o Señores do Pazo e mais para o Convento do Rosario, sendo louvada por Madoz ou Montero y Arostegui e algúns viaxeiros do XIX que a consideraron como unha das fragas mais vizosas de Galicia. O poeta salmantino José María Gabriel y Galán escribiu aquí os seus primeiros versos en 1889. Os pintores Asterio Mañanós ou José Leyra Domínguez tamén toparán na Fraga abondosos motivos de inspiración.
O camiño saía dos xardíns do “Pazo” pola “Avenida da Fraga”, preto da granxa e o pombal ata a ponte da marquesa e logo chamada a ponte branca. De feito, Natividad Quindós, a marquesa, facía ese percorrido en coche. A fraga organizábase en rúas con nome propio - "Sombría", "María Cristina", "Roxiña", etc- plazoletas con bancos -"Rond Point"-, estatuas, fontes e lugares especiais como o centenario “Carballo da Condesa”.
Manolo Rico evoca a época gloriosa da Fraga da marquesa:

Os visitantes do Pazo paseaban libremente polo bosque- era de feito unha das actividades favoritas- onde se facían pequenas excursións e xantares campestres, mais tamén podían cazar, pescar, bañarse ou navegar polas augas do río Xuvia. Segundo todos os comentarios da época, a “Fraga da Marquesa” era un auténtico paraíso natural para lecer exclusivo da Marquesa e dos seus aristocráticos invitados.
A fraga desapareceu por completo á Morte da Marquesa en 1953, durante o mandato do alcalde Andrés Saavedra, cando o novo propietario, o industrial de Cedeira, Conrado Pita Pérez, talouna completamente arredor de 1954.
O cineasta Xacio Baño evocou o tempo de esplendor aristocrático na curtametraxe "Solpor" e Juan Lesta&Belén Montero en "Balada Cover"
Aquí podes ler un libriño co plano da Fraga que se lle proporcionaba aos invitados ao Pazo e que reproducimos por xentileza da historiadora Margarita Yáñez:





  • A Fraga da marquesa

  • Entrada do camiño para a Fraga

  • Coche de cabalos de primeiros de século para ir a fraga

  • Paseos pola Fraga

  • Merendas na fraga

  • Tomando café na fraga

  • Carballo da Marquesa en Rond Point

  • Ponte da marquesa

  • Paseo cara a Fraga

  • Na entrada da fraga

  • Gardas da Fraga

  • Paseo pola Fraga

  • Unha paradiña no camiño da Fraga

  • Estatua e banco diante do carballo da Marquesa en Rod Point

  • Carballo da Marquesa

  • O paseo tamén cansa

  • O lugar da merenda nos arredores de Rod Point

  • Na Fraga

  • Unha partidiña

  • Lectura na Fraga

  • Retorno ao pazo

  • Tamén pódese pescar

  • Presa da marquesa

  • Paseo en barca

  • Refrescarse no río

  • Avenida da Fraga

  • De volta ao pazo

  • Venda da Fraga. Pueblo Galego (24-10-1947)

  • "Calle sombría"

  • Familia Fernández Murias no Carballo da marquesa (foto Eliseo Fernández)

load

Documentos:

Petición de camiño público (1916)

Comentarios

Consuelo

2015-06-16 17:11:29

Manolo non conta os plataneiros que habia mesmo na entrada da fraga ( non sei bén si se chaman así ) pero eran unha preciosidade, estaban prantados rigorosamente a mesma distancia nas duas bandas da rua, a todo o longo dende a carretera de Ferreira ata pasar o taller de Horjales, esas árbores xuntaban no cumio as suas ramas facendo un (arco -tunel), todo por ahí habia bancos ,columnas que terminaban en maceteros, figuras de animáis, fontes adornadas di vistosos azulexos, ainda lembro que no monte de Sixto habia restos de todo iso, para aqueles tempos era unha¡¡ pasada!!

fer

2016-08-31 21:22:22

A localización da fraga é a correcta? A que está posta no mapa desta páxina

Máis imaxes

Temas: naturezas, paseos, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), mapas

Autor/a: Manolo Rico López

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Vídeos:
"Balada cover"
"Solpor"

Compartir en: