Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

O ano funesto do Marqués

Bayonne, Francia., 1873

O ano 1873 foi un “annus horribilis” para José Mariano Quindós y Tejada, o aristocrático Marqués de San Sadurniño. O ano xa comezara cos malos presaxios da proclamación da 1ª República española. Os partidarios da monarquía isabelina ollan con terror que están a cambiar as cousas para os “da súa clase”. Ata no remoto San Sadurniño hai un alcalde republicano. José Mariano Quindós, cunha traxectoria política e persoal comprometida có Partido Conservador e os intereses da familia real borbónica, debeuse sentir acabado políticamente. Pretende pasar inadvertido neste tempo difícil para os aristócratas no que o goberno de España en mans de "perigosos republicanos"; ata o seu novo Administrador será o párroco de Sta María do Val, Manuel Adán García. Mais a nivel persoal, o ano 1873 aínda traerá dúas desgrazas familiares para o noso Marqués: as mortes da súa muller en xullo e a do seu fillo primoxénito en novembro.

Doña Fernanda Villaroel y Goicolea Ibarrola y Ariza, Vizcondesa de la Frontera, Marquesa de San Saturnino e Grande de España, nacida en 1827 en Madrid, xa non andaba ben de saúde dende facía tempo. Ignoramos a enfermidade que padecía. Tiña 46 anos. Nos xornais da época informábase que soportaba “unha longa e penosa enfermidade”. Quizais por consello médico, o Marqués decidiu levala a pasar uns días no luxoso balneario francés de Cambo-les-Bains a comezos de xullo. Mais o 20 de xullo, a xunta de médicos optou por aconsellar o seu retorno urxente ao “Hôtel du Commerce” en Bayonne, onde veraneaba gran parte da aristocracia española exiliada en París. O día 23 de xullo agrávase o seu estado de saúde e mesmo o seu irmán viaxa de urxencia dende Viena, onde acompañaba á destronada Raíña Isabel II nunha xira por Centroeuropa. Ao fin, o Marqués fica viúvo tras 22 anos de matrimonio dende a súa impresionante voda en Madrid.
Pasados catro meses, o 25 de novembro de 1873, José Quindós, o seu fillo primoxénito de 19 anos de idade e Vizconde de la Frontera tamén falece por mor dunha “tise galopante”. Xusto neses días o goberno da 1º República bombardeaba o Cantón de Cartagena.
Ao Marqués quédanlle aínda dous fillos, Fernando e Natividad Quindós, que daquela queda orfa de nai aos 12 anos.
Porén, o recente viúvo de 51 anos, José Mariano Quindós y Tejada estaba a participar xa activamente na conspiración do chamado "Partido Alfonsino", para restaurar aos Borbóns no trono de España na figura de Alfonso XII, mediante o golpe de estado do xeneral Martinez Campos o 29 de decembro de 1874.
Bieito Beceiro, estudante de 2º de Bacharelato no IES “Concepción Arenal” de Ferrol, recrea o ano funesto do Marqués neste vídeo realizado para a asignatura Historia de España:


  • O ano funesto do Marqués

  • Esquela da morte de Fernanda Villaroel

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: vídeos, Señores de San Sadurniño, outros lugares

Autor/a: Bieito Beceiro Fernández

Compartir en: