Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Morre a Duquesa da Conquista e Marquesa de San Sadurniño

Capela de Baltar, 1953

O dia 16 de febreiro de 1953, aos 90 anos morre en Madrid Natividad Quindós. Tiña os títulos de IX vizcondesa de la Frontera, III duquesa de la Conquista, V marquesa de Gracia Real de Ledesma, XIV marquesa de los Palacios, condesa consorte de Puñonrostro e de Cumbres Altas e VII marquesa de San Sadurniño. Porén o seu óbito prodúcese en pleno franquismo; os tempos son outros e a marquesa formaba parte dunha época histórica case esquecida, polo que a súa morte terá escasa repercusión mediática. Só o xornal “La noche” destacaba “La marquesa que vino a enterrarse a Baltar”.
Falecera no pazo madrileño e soterrarase na capela do convento de Baltar, ao carón do seu marido, segundo o seu desexo e coma os señores feudais da Idade Media. A corporación municipal presidida por Andrés Saavedra Romero transmite o seu pésame oficial na Acta da Sesión de 28 de febreiro de 1953 “polos beneméritos actos realizados por tan egregia señora en favor de este pueblo”.
Nacida en berce de alta alcurnia e sangue aristocrática, dona e señora de San Sadurniño, a súa sombra marcou a vida dos habitantes do concello durante medio século dende o ano 1900. Coa súa morte, a “vila da tranquilidade” abandona definitivamente o “Antigo Réxime”. Comeza unha lenta, mais inexorábel transformación de San Sadurniño, pechado durante séculos ao progreso por mor do inmenso poder territorial e señorial dos Marqueses de San Sadurniño. Porque, si ben é certo que Natividad Quindós realizou algunhas obras filantrópicas ou benéficas inspiradas polo catolicismo visceral - único norte da marquesa durante os derradeiros anos- por outra banda, o seu poder territorial, case feudal, impediu o desenvolvemento urbanístico, industrial e social de San Sadurniño durante o século XX.
Podemos ler aquí algúns fitos da súa peripecia vital durante 53 anos e sorprenderanos o seu poder e influencia ao longo do tempo. O inmenso legado patrimonial da marquesa foi pelexado por intermediarios ou herdeiros lonxanos e gran parte perderase irremisiblemente.
No testamento deixaba á Congregación de Cristo Rey o seu ben mais prezado: o pazo dos seus devanceiros. Moitas das terras de propiedade inmemorial da Condesa sairán a venda e os colonos terán dificultades e poblemas para acceder á propiedade de terras que traballaron durante xeracións. Mobeis e enseres do pazo foron subastados a comezos de 1954. O Pazo será remodelado profundamente e transformado no colexio das monxas, perdendo para sempre o sentido orixinal.
Na ilustración, esquela publicada no "ABC".

Mais historias de Natividad Quindós, marquesa de San Sadurniño

  • Morre a Duquesa da Conquista e Marquesa de San Sadurniño

  • Palacio da Marquesa en Madrid (San Bernardo 18)

  • Artigo de "La noche" sobre a morte da Marquesa (19-2-1953)

  • Sartego de Natividad Quindós, marquesa de San Sadurniño

  • Problemas arredor da herdanza da Marquesa (1954)

  • Liquidacion dos obxectos da marquesa 31.12.1953

load

Documentos:

Natividad Quindós, la duquesa que todo lo donó. LVG 27.8.2006

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), outros lugares, conflitos, Señores de San Sadurniño

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: