Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Natividad Quindós, Vizcondesa de la Frontera

Madrid, 1884

O día 29 de abril de 1884 falece en no pazo familiar de Madrid Fernando de Quindós y Villaroel, fillo maior do VI Marqués de San Sadurniño. Xa levaba varios meses enfermo como se pode acreditar polas propias declaracións do seu pai en setembro do ano anterior. Unha nova desgraza familiar que se suma ás da súa muller e primeiro fillo José no ano 1873.
O morgado de San Sadurniño perde así o seu herdeiro, mais os títulos pasarán a súa irmá Natividad Quindós, que aos seus 23 anos acada o seu primeiro título nobiliario, IX Vizcondesa de la Frontera. Dous anos mais tarde casará en Madrid con Francisco de Asís Arias-Dávila-Matheu y Bernaldo de Quirós, Conde de Cumbres Altas.
Esquela de Fernando de Quindós y Villaroel publicada en "La correspondencia", 30-4-1884

  • Natividad Quindós, Vizcondesa de la Frontera

  • O Marques anuncia a enfermidade do seu fillo. El correo gallego (14-9-1883)

  • Morte do fillo do Marqués ·El Correo gallego 24 de abril de 1884

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: outros lugares, Señores de San Sadurniño

Compartir en: