Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

lecer

O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,

San Sadurniño, cita veraniega da aristocracia española

San Sadurniño, 1902

Dende a morte do seu pai, o VI Marqués de San Sadurniño o 18 de abril do 1900, Natividad Quindós, VII marquesa de San Sadurniño, ten o firme propósito de convertir a súa residencia en San Sadurniño nun lugar de referenza veraniega para a élite da aristocracia española. Tras participar moi activamente na organización da proclamación do Rei Alfonso XIII, o 17 de maio de 1902, os Duques da Conquista veñen a descansar a San Sadurniño e consideran que é o momento de poñer en marcha o proxecto iniciado tras da morte do vello marqués. Realizan obras de reforma no vello pazo familiar e dende a súa privilexiada e influínte posición na Corte de Madrid -Dama e amiga persoal da Raiña Maria Cristina- invitan ás mais destacabeis persoalidades da aristocracia a "súa" particular ."Vila da tranquilidade".
No primeiro terzo do século XX, Reis, infantes de España, aristócratas de postín e políticos do Partido Conservador pasearán polos refinados xardíns e a inmensa fraga da Marquesa, alleos a pobreza e miseria do seu entorno. O día 1 de xullo de 1902 chegan os primeiros visitantes dos que se ten noticia: María de la Encarnación Fernández de Córdoba, Duquesa de Bailén; Ángela María Apolonia Pérez de Barradas y Bernuy, Duquesa de Denia e María del Pilar de León y Gregorio, Marquesa de Squilache para pasar a temporada veraniega en San Sadurniño. Días despois tamén chegan para pasar un par de dís os moi católicos e relevantes membros da oligarquía Claudio López Bru, e María Gayón Barrié, marqueses de Comillas, entre outros invitados como os seus familiares directos os Condes de Puñonrostro e a marquesa de Almaguer, cuñada da marquesa de San Sadurniño.
Tamén aproveitan o verán para visitar a súas amizades noutras cidades galegas, nomeadamente Ferrol ou Coruña como informa a prensa da época nun "landó tirado por seis caballos hermosamente enjaezados".
Xa ao final da temporada veraniega a finais de outubro, os Marqueses amosan o seu poderío tamén a nivel local sufragando xenerosamente unhas xornadas relixiosas na honra da patroa municipal, a Virxe do Rosario.
En novembro deste ano o Papa Pio X recibe aos Marqueses en audiencia privada.

A partires das fotografías da época, case podemos concluir que as actividades favoritas na "Vila da tranquilidade" eran: pasear pola fraga, partida de tenis, sestas e lecturas ao fresco, merendas campestres, tertulias na terraza e misa diaria e rosario na Capela do Pazo. En troques as actividades do resto dos habitantes do concello eran outras: segala herba, a seitura e malla, rozalo monte, atender ao gando... e pagarlle as rendas aos Señores Marqueses. O cineasta Xacio Baño evocou este tempo na curtametraxe "Solpor"

  • San Sadurniño, cita veraniega da aristocracia española

  • Duquesa de Denia (1827-1903)

  • Marquesa de Esquilache 1

  • Marquesa de Esquilache 2

  • Visita dos Marqueses de Comillas. El áncora .1.8.1902

  • Claudio López Bru, Marqués de Comillas

  • Marquesa de Comillas

  • Visitas aristocráticas en 1902

  • Merenda campestre

  • Diante do Pazo

  • Visitante do Pazo

  • Xantar no patio

  • Merenda no bosque

  • Aristocráticos paseos

  • Tertulias no xardíns

  • Paseos pola Fraga a primeiros do século XX

  • Reformas no verán de 1902. El Correo gallego (23-8-1902)

  • Visitas ilustres. Voz de Galicia 29.8.1902

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), Pazo da Marquesa, visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Vídeos:
Solpor

Compartir en: