Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

O fracaso de Maffezini

Bidueda, 1992

A finais da década de 1980, San Sadurniño estaba a piques de se converter nun concello netamente industrial. Intasa ( 200 traballadores); El cisne; (200), o proxecto de Papelga (400 previstos); A comezos de 1990 anúnciase a instalación dunha planta de produtos químicos que ía fabricar e comercializar produtos derivados do cloro e aluminio coa participación do empresario arxentino Emilio Agustín Maffezini (EAMSA) con outros 80 postos de traballo previstos. O empresario contaba coa participación de SODIGA cunha subvención pública de 72 millóns dos 140 no que estaba orzamentado o proxecto.
A factoría ía producir 1.416 toneladas/ano de tricloruro de aluminio; 720 toneladas/ano de clorhidróxido de aluminio; 360 toneladas/ano de hidróxido de aluminio; 32 de azul-alfa de fialocianina; 32 de azul-beta tamén de fialocianina e 96 de verde de fialocianina. As materias primas que se empregarán son hidróxido cálcico; cloro; aluminio; hidróxido de aluminio: ácido clorhídrico; urea; ánhidrido fiálico; sulfato de cobre; tricloruro, etc. E dicir, unha instalación cun potencial perigo medioambiental ao carón do Xuvia, nuns anos moi sensibeis tras do desastre ecolóxico do río polos vertidos de "El cisne"

O Concello axilizou os trámites administrativos, publicou o prego de bases na prensa e comezaron as obras do edificio da fábrica na Bidueda. Mais en 1992 un informe da Comisión Galega de Medio Ambiente afirmaba que a empresa "carece de detalles técnicos no cálculo de residuos xerados e a metodoloxía do seu tratamento; con escaso control da vixiancia ambiental, tanto do medio acuático, como para o control do aire". Insiste en que as augas do río Xuvia non poden sufrir ningún tipo de alteración física ou química". Sexa que o dictame obrigaba a unha forte inversión en medidas de control medioambiental o por outras causas, o asunto foi que as obras da fábrica non chegarán a rematarse, un ano despois de comezar as obras seguimos sen novas de Maffezini e será outra fábrica de papel mollado que porá fin ao sono industrial de San Sadurniño. As súas obras inconclusas aínda permanecen na Bidueda hoxe, ateigadas de silvas.

No ano 2003 un xulgado de primeira instancia de Santiago condena a Emilio Maffezini -en paradoiro descoñecido- ao pago de máis de 60 millóns de euros a SODIGA .
Na fotografía, as obras da fábrica no verán de 1992

  • O fracaso de Maffezini

  • Instalación de Maffezini en San Sadurniño LVG 30.6.1990

  • Licitación Concello LOVG 11.8.1990

  • Plan ambiental para Maffezini LVG 2.2.1992

  • Dúbidas sobre a instalación da fábrica 3.7.1992

  • Sin noticias de Maffezini LVG 24.1.1993

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Empresas quimicas, conflitos

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: