Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

Guia comercial 1932

San Sadurniño, 1932

No Anuario Regional da Industria de 1932 aparecen os principais establecementos comerciais de San Sadurniño. Os veciños que figuran nesta guía eran os maiores contribuíntes do concello e participaron activamente na vida municipal como concelleiros ou alcaldes, case sempre nas filas dos partidos máis conservadores e militantes na Unión Patriótica, único partido legal durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).
Entre eles figuran propietarios de negocios de abonos e ferreterías como Manuel González Fernández de Lamas-Vilanova, concelleiro en varias lexislaturas municipais; o emigrante retornado e concelleiro municipal José López Torre (1859-1937) en San Sadurniño, que tamén vendía pólvora e explosivos; o concelleiro José Sanjurjo Casal veciño de Bardaos-A Bañoca; o concelleiro Manuel Yáñez Fernandez (1876-1954), de Lamas-Chao; e o alcalde Segundo Yáñez Fernández veciño do Casal. (1883-1976).
No capítulo de cereais, a Guía reseña a actividade de Vicente Hermida López (1861-1943) en Igrexafeita-Torre.
As tendas de comestibeis máis populares eran dos irmáns López Loureiro
en San Sadurniño. Tamén serán alcaldes os propietarios das dúas tendas de tecidos do municipio: Pelayo Casal Novo (1867-1944), a dos herdeiros de Luis Loureiro Pita e a serraría mecánica do que será alcalde en 1944 Perfecto Calvo Fernández (1886-1979)
.

Guia comercial 1932

Comentarios

Máis imaxes

Temas: empresas de servizos, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: