Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
Riboira, Lamas, 1978
Ángeles Castro Tembrás naceu en Lamas no seo dunha familia de barbeiros de sempre, o seu pai Manuel Castro Cendán, coñecido como "Cendán o barbeiro", tiña a barbería en San Ramón de Moeche, tamén o seu avó José Castro Rodríguez fora barbeiro en Lamas.
Ángeles sigue a tradición familiar e abríu a perruquería en Lamas o 8 de xuño de 1978. Como ela mesma afirma: "se volvera nacer volvería a ser peluquera sen dudalo". Arroupada por unha clientela moi especial, Ángeles fálanos de toda unha vida "peinando non só cabezas, tamén as veces a moral".
Temas: familias, Lamas, traballos, xente, empresas de servizos
Autor/a: Ángeles Castro Tembrás