Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

A saga López Loureiro

Agra de arriba, San Sadurniño, 1917

Manuel López Sisto naceu en 1872 en Agra de Arriba, San Sadurniño. Era fillo do comerciante Andrés López Pouso (1837-1929) e Jacinta Sisto Romero (1840-1932). O matrimonio terá ademais a Vicenta, Dolores, Manuela, Avelino, Antonio, María e Elena, configurando unha das sagas familiares máis sobranceiras de San Sadurniño.
En 1894 -cando Manuel López Sisto ten 22 anos -aparece involucrado nos estranos sucesos que aconteceron no Pazo do Marqués, sendo acusado de colocar unha bomba nunha casa das Somozas. Ao parecer tiña un comercio na Avda do Marqués de Figueroa, aínda que saíu inocente aos poucos días. Casa con Victorina Loureiro (1873-1920) aos 23 anos a pesar da oposición frontal do seu pai, o rico comerciante local Luis Loureiro Pita. En 1900 tiña autorizacións para celebrar bailes de cando en vez no seu negocio.
Foi xuiz municipal en 1919 e administrador das propiedades da marquesa sucedendo ao párroco Felipe Calvo Díaz, dende 1918 ata 1926. En 1924 era o Vicepresidente de "Unión Patriótica", único partido legal no tempo da Ditadura de Primo de Rivera.
En calidade de Administrador é o guía da visita de Rof Codina a San Sadurniño en 1921. Como mordomo da marquesa tivo que colaborar nos actos das exequias do marqués o 25 de xullo de 1922 ou na visita real de Alfonso XIII en 1927, cando era alcalde o seu irmán Avelino López Sisto.
Á morte da súa muller casa en segundas nupcias con María Rico Vigo. Morre como consecuencia dun accidente ao caer dende o primeiro andar da súa casa aos 57 anos, o 26 e maio de 1929, cando era de novo xuíz municipal de San Sadurniño.

Do primeiro matrimonio con Victorina Loureiro terá nove fillos:

MAXIMINO LÓPEZ LOUREIRO (25/6/1895-23/6-1967). Emigrou a México. O alcalde Pelayo Casal o propón como depositario de fondos municipais en 1936; mais non acepta "por sus muchas ocupaciones".Casou con Rosario Rodriguez Arce e tivo tres fillos: Rosario, Maximino e José Manuel. Traballou como encargado na Graña en Ferrol.
JACINTA LÓPEZ LOUREIRO (1896-21/8/1919). Casada con Ricardo Fernández Pita. sen fillos.
ANTONIO LÓPEZ LOUREIRO. Morre na emigración.
ANDRÉS LÓPEZ LOUREIRO.(22/1/1900- 21/8/1975). Herda a tenda de alimentación familiar que tamén é casa de comidas. Ingresa no PSOE en abril de 1935 e será multado con 250 ptas no verán de 1936. Casado con Victoria Prieto Sanroman. Fillos: Ester e Enrique.
FAUSTINO LÓPEZ LOUREIRO (1901-1984). Alcalde de San Sadurniño en 1940. Afiliado a "Falange española". Tenda de tecidos "Casa Faustino". Casou con Purificación García; fillas, Purificación, Pilar, Marisa e Rosi
ENRIQUE SENEN LÓPEZ LOUREIRO (24/7/1902-9/9/1975). Traballará como recaudador municipal (1927-1929); o seu tío e Alcalde Faustino Loureiro outorgaralle a concesión do servizo de correos en 1930. Logo atenderá o bar do Cinema Avenida
RAMIRO LÓPEZ LOUREIRO. (6/1/1904-23/9/1983). De novo andivo por Cuba. A guerra pillouno en Asturias cando traballaba en telégrafos. Estuvo preso un tempo coa caída da Fronte Norte. Á volta traballou coa súa irmá na "casa Torina". e foi correspondente da Voz de Galicia en Sansa. Casou con Alicia Vázquez Raimundez. Fillos: Alicia, Sisa, Emilio e Luis Rogelio.
AVELINO LÓPEZ LOUREIRO (5/3/1905-8/10/1967) . Socio de Perfecto Calvo en varios negocios. Casu con Elisa Rodríguez Arce. Traballou como policía de tráfico en Lugo.
VICTORINA LÓPEZ LOUREIRO. Casa con Edelmiro Pita Couce (1938). Victorina era a "alma mater" da popular tenda-mesón "Casa Torina".

Do segundo matrimonio con María Rico Vigo (1892-1948)
EMMA LÓPEZ RICO
ANTONIO LÓPEZ RICO

Na fotografía, a familia de Manuel López Sisto en 1918

  • A saga López Loureiro

  • reverso fotografia Lopes Sisto 1918

  • Manuel Lopez Sisto e o párroco Daniel Porto nos xardíns da Marquesa

  • Manuel López Sisto como administrador da Marquesa (1918-1926)

  • María Rico, segunda muller de Manuel López en 1918

  • Victorina López Loureiro en 1918

  • Necrolóxica de Jacinta López Loureiro 19.10.19. El Orzán

  • Necrolóxica de Antonio Ramiro Lòpez Loureiro

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: familias, Pazo da Marquesa, xente, San Sadurniño (parroquia), Sagas

Compartir en: