Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

festas e romarías

En San Sadurniño non hai parroquia que non teña unha dou dúas festas por ano. Comezan por maio coa tradicional romaría da O, (Narón) e rematan a mediados de setembro coa popular Festa do Biscordel (Igrexafeita). Durante o verán teñen lugar as festas patronais do Concello adicadas a Santa Isabel e as de Belén, mais tamén as modernas e desenfadadas do San Pipote (Bardaos), ou o Festival do río Castro (Naraío). Os tres meses estivais son unha sucesión de días feriados convertidos en espazos de encontro e convivencia dos veciños e veciñas das sete parroquias do Concello. Ademais das xa citadas, temos festas como a de San Roque e Santa Mariña en Naraío; a Festa do San Marcos en Igrexafeita; San Vicente, San Paio e San Cristovo en Ferreira; Festa de Santa Mariña na parroquia do mesmo nome; Virxe do Carme en Lamas e Santo Estevo no Camiño Arriba.

118 historias

"Resonancias"

8ª Chanfaina Lab (9). Estrea: venres 29 de marzo do 2024 Produción, dirección e guión:Diana Gonçalves Cámara,...

Ferreira, San Sadurniño ,2024

"Cando eu era nova"

7ª Chanfaina Lab (12). Estrea: venres 5 de maio do 2023 Guión e dirección: Carmen Bouza, Carmen Couce, Cruz Piñón...

Ferreira ,2023

"Apuntamentos para un filme sobre Cantareliña"

6ª Chanfaina Lab (20). Estrea: venres 3 de abril do 2020 Directora: María Yáñez Imaxe e son: Luís...

San Sadurniño ,2019

"Aquilino das Seixas"

6ª Chanfaina'Lab (4). Estrea venres, 13 de marzo do 2020 Dirección, guión e montaxe: Antón Rodríguez...

Naraío ,2019

Imos á festa do Biscordel

Mais fotos da Festa do Biscordel

A Torre, Igrexafeita ,1962

"Festa do San Loureiro"

A Asociación Cultural Recreativa de Santa Mariña do Monte nacera en maio do 1998. Dispuña dun novo local social,...

Santa Mariña do Monte ,1998

Pregón de San Pipote 2016

Unha das citas festivas máis populares de San Sadurniño é a Festa do San Pipote organizada pola Cofradía do Pipote...

Bardaos ,2016

Eu fun á feira de San Sadurniño (2)

Nova versión da muiñeira mítica da "Charanga do Cuco de Velle" sobre as vivencias dun destemido aventureiro na feira...

San Sadurniño ,2009

Carreira de tractores a ceacú

Material en bruto en VHS da penúltima carreira de tractores a ceacú organizada en 1992 co gallo da festa de Santa...

Naraío ,1992

1º Encontro veciñal de Santa Mariña do Monte

A Asociación Cultural ASCR de Santa Mariña do Monte naceu o 22 de maio de 1998 para dinamizar a vida cultural e...

Santa Mariña do Monte ,2009

"Feira de exaltación da Chanfaina"

En 1994 a Asociación veciñal "Adiante Igrexafeita" decidiu organizar unha Festa arredor da Chanfaina, un prato...

Igrexafeita ,1994

Despois da festa

Prospes, San Sadurniño ,1945

A familia Picos no San Cristovo

Consuelo fálanos da familia Picos Picos na festa do San Cristovo.

Ferreira ,1957

Festas do Carmen en Lamas

Carmen Couce e Mercedes Durán fálannos das festas de Lamas nos anos 60.

O Chao, Lamas ,1966

Ao San Cristovo en ferrari

Marisa fálanos daquela festa de San Cristovo na que foi no seu burro, "Moreno".

San Cristovo, Ferreira ,1964

A procesión das festas de Santa Isabel

Manolo Rico fálanos da procesión das festas de Santa Isabel e do "copón de ouro". A procesión era un dos actos...

O Casal, San Sadurniño ,1912

Festas do Carme de Lamas en 1992

Programa das tradicionais Festas do Carme na parroquia de Lamas en 1992, nas que actuaron as orquestas "Los...

O Chao, Lamas ,1992

De festa coas amigas

Erundina fálanos desta foto na que está coas amigas de xuventude e o seu irmán de festa en Igrexafeita.

Igrexafeita ,1972

Santa Isabel 1909

A pesares dos conflitos que viviu San Sadurniño neste ano, logo do trunfo electoral dos Solidarios e a emoción contida...

San Sadurniño ,1909

Santa Isabel 1918

1918 foi un ano difícil, tras da folga xeral de 1917 e a situación de crise económico-social que se vivía en...

San Sadurniño ,1918