Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

lecer

O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,

A procesión das festas de Santa Isabel

O Casal, San Sadurniño, 1912

Manolo Rico fálanos da procesión das festas de Santa Isabel e do "copón de ouro". A procesión era un dos actos centrais das festas parroquiais e ía dende o claustro do Mosteiro ata o Pazo dos Señores e celebrada dende tempo inmemorial. Os Marqueses sempre participaron na financiación da celebración relixiosa. Portaban o palio da procesión relevantes persoeiros locais, franqueados por unha multitude de curas dos concellos limítrofes. A primeira crónica xornalística que describe minuciosamente o ambiente da "Santa Isabel" foi publicada no "Correo Gallego" en 1900. A paradoxa da festa sempre foi que a imaxe que saía na procesión non era a da patrona, senón a da Virxe do Rosario.

  • A procesión das festas de Santa Isabel

  • O copón de ouro baixo palio no adro do mosteiro

  • Imaxe da Virxe do Rosario que saía na procesión de Santa Isabel

  • A procesión coa imaxe da Virxe do Rosario

  • Numerosos curas acudían á procesión de Santa Isabel

  • A multitude acompañando á Virxe do Rosario

  • Xente no día de festa

  • Procesión das festas de Santa Isabel

  • Nenos tocando na procesión da virxe

  • Nenos cos estandartes

  • Procesión nenos comunión

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, festas e romarías, igrexas parroquiais, patrimonios, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), Santa Isabel

Autor/a: Manolo Rico López

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: