Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"O pano de seda"

San Sadurniño, 2024

8ª Chanfaina Lab (3). Estrea: venres 8 de marzo do 2024
Guión e dirección: Kevin Lorenzo
Cámara e edición: Ángela Arnosa
Reparto: Carmen Bouza, Cruz Piñón, Carmen Couce, Lucía Pita, Abel Vega, Brianda García, Bieito Beceiro, Soraya Yáñez, Carlota Morales e Kevin Lorenzo.
Sinopse: "Un inconveniente de última hora ameaza a subvención que Maruxa precisa para o seu taller. Pero esta mecánica non deixará que ningún impedimento se interpoña ante o seu negocio. Co apoio da súa amiga Cruz, está disposta a chegar ata onde faga falla”.
Duración: 7’ 49’
Gravado nas parroquias de San Sadurniño (Mercería Triscos e fíos) e Igrexafeita, dentro do programa da 8ª Chanfainalab



Kevin Lorenzo (Xixón, 1991)
Kevin Lorenzo desenvolveu a súa formación en diversas escolas de arte dramático. Compaxina diversos traballos con cursos impartidos por profesionais. Completou a súa formación con seminarios de interpretación ante cámara. Obtivo mencións como actor destacado en certames de teatro e participou tamén en series de televisión como “O sabor das margaridas”, “Serramoura” ou “Lobos e cordeiros” como Alberto. Tamén tomou clases de radio e deseño de produto, facetas que aínda desenvolve a día de hoxe. Participou como actor en varias pezas da Chanfainalab con enorme xenerosidade e bonhomía, pero debutou como director no 2023 coa peza "Navia".

Kevin xogou en casa como actor en varias edicións da Chanfainalab con destacadas actuacións diante da cámara como ten demostrado dabondo en Un ninguén máis (2019) Curmáns (2020) ou Breixo (2018). Así que nesta edición tivo tempo dabondo para elaborar o seu segundo filme para a Chanfainalab: "Despois de ver a película "Fenómenas" de Carlos Therón, xurdiu a primeira idea mentres estaba en Lituania. Alí comecei a escribir un pequeno borrador. Apeteceume probar cun thriller paranormal, que involucrase a unhas mulleres nunha casa e uns espíritos. A idea foi evolucionando ao incluír intereses monetarios e un asasinato. Conforme o guión ía tomando forma, o thriller paranormal evolucionou a unha thriller-comedia. As situacións que implicaban sucesos paranormais cos espíritos deron pé a transformalos en situacións reais con certa comicidade. Por outra parte, aínda que o guión quedou preparado, durante a rodaxe xurdiron improvisacións que acabaron por incorporarse, como a intervención de Lucita (non vou destripar nada). De feito, un dos meus obxectivos á hora de facer a curta era pasar un anaco divertido con todas as persoas que colaboraron durante a rodaxe, e alégrame telo conseguido."

"O pano de seda" é unha thriller-comedia que acontece no rural coa única pretensión de entreter mantendo a intriga ata o final. O seu humor bebe tanto nas fontes do teatro popular galego como da comedia negra: "Ademais da película "Fenómenas" de Carlos Therón, tamén tivo influencia na peza o filme "Todos lo hacen" de Martín Cuervo. Aínda que se partiu dun guión completo, non se pechou a porta ás improvisacións que xurdiran durante a rodaxe e que aportaron novos matices á peza final. Foi un reto tentar non estenderse moito na duración da curtametraxe, máis o resultado mereceu o esforzo, ao obter unha peza con ritmo, dinámica e fácil de ver. Espero que vos deixe un bo sabor de boca." Un dos aspectos máis salientábeis desta peza é o dream team local que integra o reparto, co mellorciño da fabulosa canteira de actores e actrices que, edición tras edición, foron incorporándose ao Olimpo actoral de San Sadurniño. Que desfrutedes desta divertida comedia como gozou o público na gala da estrea na Casa da Cultura.
Fotografías de César Galdo

  • "O pano de seda"

  • Kevin Lorenzo, o director, guionista e actor

  • Soraya Yáñez

  • Lucita Pita

  • Cruz Piñón

  • Carmen Couce

  • Carmen Bouza

  • Abel Vega en O pano de seda

  • Bieito Beceiro en O pano de seda

  • Brianda García en O pano de seda

  • Imaxe de O pano de seda

  • Outra imaxe de O pano de seda

  • Un momento de O pano de seda

  • Kevin Lorenzo na Eira de cineatas.

  • Kevin Lorenzo na Gala da 8 chanfainalab

  • Kevin recollendo a Lola chanfaineira da 8 ª edición

  • Kevin Lorenzo e cineastas da 8º chanfainalab

  • Kevin Lorenzo presenta O pano de seda

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Horta de Maruxa, Horta de Carmiña, Horta de Cruz, Horta de Lucita, Chanfaina'Lab, cinema, creador@s, emprendedor@s, vídeos, San Sadurniño (parroquia), coches, labregos e labregas

Autor/a: Kevin Lorenzo

Compartir en: