Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Curmáns"

Outeiro, 2019

6ª Chanfaina Lab (6). Estrea venres, 20 de marzo do 2020.
Dirección guión e montaxe: Javier Seoane
Axudante de dirección: Jesús Martínez
Actores: Javier Seoane, Kevin Lorenzo, Jesús Martínez, Carmen Bouza, Abel Vega, Carmen Couce, Cruz Piñón, Consuelo Picos, Lucía Torres, The Sungirls.
Sinopse:"Curmáns é una historia cómica e familiar narrada en formato falso documental na que todos os anos, tres curmáns van pasar unha fin de semana de verano na casa dos seus avós. "Curmáns" mostra unha viaxe e unha instancia. Unha convivencia na que cada persoa ten un interese na vida diferente; unha circunstancia e unha personalidade que fai que o noso día a día, poda vivirse dunha maneira mais surrealista que calquera filme espacial, e onde os plans non serven de nada cando factores externos posibilitan novas vivencias para abrir a nosa mente ó descoñecido, nun entorno adicado para soñar."
Duración: 6' 19''
Gravado na Casa Outeiro de San Sadurniño durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab..


Javier Seoane (Coruña,1991), comezou a realizar pequenas curtas para festivais aos 13 anos (Curtas na Rede, Teaserland, Youruvid..), ademais de gravar todo tipo de eventos, campamentos, actuacións musicais e graduacións escolares. Graduouse como Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos, mais non parou de asistir a numerosos cursos de formación no eido audiovisual, dende guión, iluminación, posprodución ou efectos dixitais. No 2012 foi mestre de Vídeo no colexio Liceo la Paz e pouco despois embarcouse na dirección, guión e montaxe de varias webseries como "Roces de Convivencia" ou "Antolepsia" que foi seleccionada en varias edicións no festival de webseries Carballo Interplay e candidata aos Mestre Mateo en tres ocasións. Mais os miolos hiperactivos de JaviSega non acougaron este último ano desenvolvendo novos proxectos incesantemente como unha nova webserie co formato de falso documental, "Canto che quero". Na Chanfainalab do 2018 realizou a comedia romántica “Breixo" e actualmente anda embarcado nun novo proxecto: a webcomedia con Pedro Brandariz "Mataría".

Tras a experiencia na anterior edición da Chanfainalab, Javier tivo as ideas claras e volveu a contar co seu amigo e actor fetiche Kevin Lorenzo quen repite papel como "Breixo". E de novo seguiu a pensar que a mellor opción para "cociñar" a súa peza era aproveitar os recursos que tiña á súa disposición: "Curmáns" nace a raíz das personalidades que os protagonistas teñen na realidade, pero levadas ao extremo. Converter tres amigos en curmáns, e testear nos diferentes roces de convivencia que puideran ter se viviran durante unha fin de semana nun entorno rural, cos seus “avós”, fixo que a historia se levara por un camiño case surrealista e caricaturesca, como se de un cómic de humor se tratase. Xogar con estes elementos, e nomeadamente de poñer nun extremo elementos con toques de drama, fai que a comedia fora o fío condutor clave para construír unha historia coral, onde cada personaxe ten un factor de relevancia no desenvolvemento dunha trama algo absurda pero real a súa maneira de ver".

"Curmáns" é unha peza de ritmo áxil e fresco que xoga eficazmente cos códigos da narración audiovisual para a rede. A pesares da súa xuventude, Javier é un director moi experimentado con moitas horas de rodaxe e montaxe: optimiza e xestiona intelixentemente os recursos locais que ten a súa disposición: localizacións, actores, veciños e veciñas moi coñecidos do concello ben aguilloados coa imaxinación do cineasta coruñés. ”Nesta peza, queríamos naturalizar e converter en real unha historia surrealista, e para iso, utilizamos un formato de falso documental para dar veracidade a uns feitos que son levados ao extremo do realismo. E onde a comedia e o dinamismo, estarán presentes ao longo dos 6 minutos que dura a curta. A clave para entender esta peza é deixarse levar e meterse na pel de cada un dos personaxes, mirando máis alá da barreira do real". Así pois, desta volta reláxense e gocen con esta curta resultona e divertida; estamos convencidos que toda a veciñanza de San Sadurniño vai rir a cachón con esta comedia ao mais puro estilo "Javi SeGa", na que ademais participan personaxes moi populares no Concello.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Curmáns"

  • Javier Seoane na 6º Chanfainalab

  • Jesús Martínez na 6º Chanfainalab

  • Javier na foto oficial da 6º chanfainalab

  • Jesus e Javier na 6º chanfainalab

  • Javier e Jesús na prantación do castiñeiro da 6º Chanfainalab

  • O velorio de "Curmáns"

  • O velorio de "Curmáns" (2)

  • Javier e Jesús controlando o plano

  • O velorio de "Curmáns" (3)

  • Carmiña e Kevin

  • Jesús no velorio de "Curmans"

  • As xogadoras de "Curmáns"

  • Ana Martínez, Jesús e Javier

  • Javier na estrea mundial da 6º Chanfainalab

  • Javier e Miguel de Lira

  • Jesus e Javier no fococall da 6º chanfainalab

  • Javier Seoane na estrea mundial de "Curmáns"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, vídeos, San Sadurniño (parroquia), Chanfaina'Lab

Autor/a: Javier Seoane

Vídeos:
Roces de convivencia. Serie completa
Antolepsia. Serie completa
Canto che quero. Serie completa
Mataría

Compartir en: