Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"O meu traxecto ao cole"

Outeiro, San Sadurniño, 2016

3ª Chanfaina Lab (4). Estrea venres 10 de marzo do 2017.
Director: Pablo Martínez Romero
Sinopse: "O percorrido diario que realiza Pablo Martínez, estudante de 1º da ESO, para ir dende a súa casa en Outeiro ata o CPI de San Sadurniño."
Cámara: Carlos Martínez Romero
Duración: 3' 15''
Gravada nos días 3 e 4 de setembro do 2016 en Outeiro e San Sadurniño dentro do programa da 3ª Chanfainalab.



Pablo Martínez é o participante mais novo da 3º Chanfainalab. Hai pouco que cumpriu os doce anos e estuda 1º da ESO no CPI de San Sadurniño. De sempre, Pablo foi un mozo inquedo e activo, pois dende os seis anos gústalle gravar coa cámara "o que pode", aínda que a súa teima verdadeira é a animación. Os seus xéneros favoritos son os filmes de fantasía e ciencia ficción, mais tamén os videoxogos, nomeadamente os que se desenvolven en "mundos abertos". Nestes días anda a aforrar para mercar un par de trebellos que lle permitan facer realidade o seu sono: crear unha canle de Youtube de videogamers que xa ten nome: PJPentakill.

A pesar da súa xuventude, Pablo participou na Chanfainalab sen complexo algún e atravesou o mesmo proceso creativo que @s compañeir@s cineastas mais experimentad@s. "Tiña varias ideas para gravar, mais case todas eran moi complicadas e íanme levar moito tempo. Mesmo pensei en facer unha película de animación, pero cando me puxen a elo dinme conta que me deixaría pouco tempo libre. Ao final me decantei por esta idea, porque podía facela e non me ocuparía tanto tempo. Eu vivo en Outeiro e todos os días vou a pé ata o Cole e pensei que o camiño era unha boa escusa para ensinar o meu pobo. Non é que se ensine "todo" San Sadurniño, pero sí unha parte fundamental. Salgo da miña casa en Outeiro, paso a carón da Casa de turismo rural, logo atraveso case todos os bares de San Sadurniño, o Pazo do Concello, o mosteiro, a Casa de Cultura e ao final...chego ao Cole... Cando vin o material gravado -coa cámara do meu irmán-, dinme conta que quedaba moi longo e pensei que se ía facer aburrido, polo que acelerei o tempo do paseo para que non se fixera tan pesado".

"O meu traxecto ao cole" é unha proposta sinxela de cine directo, no que un novísimo cineasta ensina e pon en valor o seu mundo cotián. Ven ser algo así como unha videocartografía emocional da experiencia diaria dun rapaz de 1º da ESO que, a pesares da súa xuventude, xa apunta maneiras de cineasta. Como él mesmo explicou na estrea mundial da chanfainalab: "É unha idea moi sinxela pero penso que orixinal". Nas sucesivas edicións da Chanfaina seguiremos a contar coa súa mirada e o seu punto de vista sobre as diversas realidades do Concello. É un orgullo para San Sadurniño contar con rapaces tan creativos como Pablo.
Fotografías de Cesar Galdo.
O benxamín da Chanfaina Lab 16/17 móstranos o seu traxecto ao cole

  • "O meu traxecto ao cole"

  • Pablo Martinez na estrea de "O meu traxecto ao cole"

  • Pablo na fotocall arroupado polos cineastas da 3º Chanfainalab

  • Imaxe de "o meu traxecto ao cole"

  • Pablo na estrea mundial da 3ª Chanfainalab

  • Pablo na estrea

  • Pablo diante o espello

  • Abel Vega, o máis veterano e Pablo, o benxamín da 3º Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, creador@s, escola, nenos e nenas, paseos, San Sadurniño (parroquia), vídeos, videocartografías

Autor/a: Pablo Martínez Romero

Compartir en: