Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

escolas

O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas

"Misións pedagóxicas" en San Sadurniño

San Sadurniño, 1932

Un dos obxectivos fundamentais do Goberno da 2ª República foi a mellora do ensino público, tanto mediante creación de novas escolas (preto de 30.000), a formación de mestres, a dotación de material pedagóxico ou a subvención de actividades que enxertaran a escola co seu entorno como o proxecto das "Misións Pedagóxicas". No final do curso 1931-1932 desenvólvense polas diferentes parroquias de San Sadurniño unha serie de conferencias impartidas polos propios mestres que tentaban divulgar e concienciar á veciñanza sobre diversos aspectos.

O Consello Local de Ensino estaba comandado polo ferrolán veterano mestre de San Sadurniño, Arsenio Barreiro Sardiña (1881-1943), quen rexentara a escola de Lamas dende 1908 ata 1921, pasando logo á de San Sadurniño ata o seu falecemento en 1943.
Ao final de maio comezará un roteiro de conferencias polas escolas de todo o municipio. Abren o 22 de maio co mestre de Igrexafeita José Villanueva, que disertou sobre “Necesidad de llevar la escuela al campo”. Unha semana mais tarde (29 de maio), será o mestre de Lamas José María Pita Cendán quen fale en Bardaos sobre ”El alcoholismo”. O mestre de Ferreira, Antonio Consuegra Rodriguez, tamén tomará o uso da palabra para salientar o traballo levado polo mestre de Bardaos, Julio Santander: “Cuando acompañé al maestro a la toma de posesión de esta escuela hace quince meses era un local triste, indecoroso, húmedo, impropio de niños, donde se criaban setas, sin luz y hoy es una escuela alegre, dotada de luz y con material nuevo”.
En xuño dese mesmo ano, as misións chegan a Santa Mariña do Monte, onde será o mestre de Ferreira, Antonio Consuegra quen diserte sobre a tuberculose, unha terrible enfermidade que dezmaba á poboación daquela.
A todas as conferencias asistían nomeadamente o resto do compañeiros mestres do municipio, quen por primeira vez tiñan a ocasión de manter contactos e compartir vivencias e reflexións.

  • "Misións pedagóxicas" en San Sadurniño

  • As misións pedagóxicas en Monte (Correo Gallego 16 de xuño 1932)

  • As misións pedagóxicas en Bardaos. Correo Gallego 31 de maio 1932. (1)

  • As misións pedagóxicas en Bardaos. Correo Gallego 31 de maio 1932. (2)

  • Ambiente das misións pedagóxicas en San Sadurniño

  • Cronica de Santa Mariña La voz de galicia 16.6.1932

  • Selo da escola de San Sadurniño

  • Selo da escola de Ferreira

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Bardaos, escola, Ferreira, Igrexafeita, Lamas

Compartir en: