Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Deportes

En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia

Carreira Popular de San Sadurniño

San Sadurniño, 2014

O contorno do paseo fluvial do Xuvia foi o esceario da Iª Carreira popular de San Sadurniño, organizada polo Concello, o CPI e maila ANPA do centro.
O obxectivo principal da xornada é a promoción do exercicio e a actividade física en contacto coa natureza como un hábito saudable en todas as etapas da vida.
A idea do maratón popular naceu nos tempos da alcaldía de Manuel José Lamas coa celebración do "Primeiro Maratón popular de San Sadurniño" o 22 de abril de 1984 e que se mantivo algúns anos.
A primeira edición desta nova andaina celebrouse o 8 de xuño do 2014, e acadou a participación de 535 deportistas. Podes ver un resumo desta Iº edición

Carreira Popular de San Sadurniño

Comentarios

Máis imaxes

Temas: deporte, lecer, nenos e nenas, paseos, San Sadurniño (Concello), vídeos

Vídeos:
2º Carreira popular (2015)

Compartir en: