Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

deportes

En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia

Clube ciclista MTB Biela e Chaveta

O Casal, San Sadurniño, 2010

MTB Biela e Chaveta é un clube de ciclismo creado no ano 2010 na parroquia de San Sadurniño, enfocado ao tema do MTB (mountain bike) para fomentar este deporte entre os seus veciñ@s e os das parroquias dos arredores. Organizan numerosas actividades e dende 2014, a "Ruta BTT Concello de San Sadurniño".
Un antecedente deste clube poderían ser as saídas en bici a comezos de 1980 organizadas polo párroco Ramón Díaz Raña e nomeadamente as exitosas sete edicións da "Volta ciclista a San Sadurniño" que se celebraron de 1987 ata 1994..

Sergio Collado fálanos da súa posta en marcha e das iniciativas que desenvolven.
Facebook de MTB Biela e Chaveta



Promo da 1 ruta BTT de San Sadurniño

  • Clube ciclista MTB Biela e Chaveta

  • Subida a Igrexafeita

  • Sergio o máis novo do clube

  • Ruta do río Xuvia

  • Ruta do río Aceiteiro

  • Ruta nocturna por Ferrol

  • Ruta en neve

  • Ruta con nenos e nenas polo río Xuvia

  • Polo río Xuvia

  • Premio ao club máis lonxano en Cee

  • Olegario o máis vello do clube

  • Ruta do río Castro en Naraío

  • O grupo MTB Biela e Chaveta

  • Desfeitas dos maderistas

  • Limpando as desfeitas dos maderistas

  • Iniciando ruta

  • Grupo San Sadurniño

  • Camiño San Andrés

  • Sergio na bola do Caxado

  • Sergio nas Médulas

  • "Ruta BTT Concello de San Sadurniño" (2014)

  • En pleno esforzo

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións actuais, deporte, San Sadurniño (Concello), vídeos

Autor/a: Sergio Collado

Vídeos:
Ruta MTB San Sadurniño 9-11-2014
Promo 1 ruta BTT San Sadurniño

Compartir en: