Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

O paseo do río Xuvia

San Sadruniño, 2005

Arredor de 1967 o alcalde Ángel Gavín tivera o proxecto de construir un paseo ás beiras do río Xuvia con piscinas, camping e zonas de lecer, que emulase aos tempos de esplendor do Pazo, mais a falta de acordo cos propietarios dos terreos da Cortiña (Cooperativa de San Sadurniño), impediu o proxecto. En xuño do 2005, o alcalde Constantino Bedoya comezou as obras do Paseo do Xuvia. O paseo é hoxe un dos recursos turísticos do concello, pois comunica a área do Pazo da marquesa coa finca da Cortiña onde se ubican a horta de froiteiras, o Apiario, o arboreto e o pozo dos donceis, a desaparecida "Pérgola" e dende o 2017 a estatua da deusa Navia.
O cineasta Eloy Dominguez Serén tomou este paseo como fonte de inspiración para o seu filme "Soli, soli", realizado no 2016 co gallo da Chanfainalab.

Nenos e nenas da aldea de verán polo paseo do río en xullo de 2013.

  • O paseo do río Xuvia

  • Paseo (pintura de Manolo Carballeira)

  • O relax no paseo polo xuvia

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: ríos, San Sadurniño (parroquia), nenos e nenas, paseos, lecer, naturezas

Autor/a: Aldea de Verán

Fotógrafo/a: Carmen Suárez

Vídeos:
"Balada cover"
"Soli, soli"

Compartir en: