Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Andrés Saavedra Romero, alcalde

Campo da feira, San Sadurniño, 1952

Alcalde de San Sadurniño (1952-1954)
Nace o 12 de xuño de 1902. Vivía nunha casa preto do Campo da Feira e de profesión carniceiro. Entrou na Corporación municipal en 1949 co alcalde Emiliano Calvo Couce e será elixido 1º tenente de alcalde do seu equipo de goberno. Cara o final do verán de 1951 Emiliano Calvo enferma e Andrés Saavedra exercerá como alcalde accidental o 15 de novembro de 1951. Dous meses despois, o 3 de febreiro de 1952, será nomeado alcalde de San Sadurniño.
Daquela o pleno quedará composto por: Juan Pena Bouza (1900), 1º tenente de alcalde; Medardo Mera Anidos (1908), 2º tenente de alcalde; José Castro Lamas (1888); José Pérez Graña(1917); Raimundo López Castro (Naraío,1916); Jose Formoso Sedes (1907); Manuel Campos Diaz (1900) e Emiliano Calvo Couce (1904).
San Sadurniño ten daquela 6.757 habitantes e o orzamento municipal supera as 254.412 pesetas. Un dos feitos mais salientábeis que aconteceron durante o seu mandato foi a morte da Marquesa de San Sadurniño en febreiro de 1953. A corporación municipal transmite o seu pésame oficial na Acta da Sesión de 28 de febreiro de 1953 “polos beneméritos actos realizados por tan egregia señora en favor de este pueblo”.
A morte da marquesa abriu un conflitivoproceso administrativo pola herdanza das súas posesións; un dos máis salientabeis foi a venta 75 hectáreas da fraga milenaria que pretende poñer á venda o novo propietario, o industrial madeireiro cedeirés Conrado Pita Pérez. Nun principio, o Concello posiciónase contra a venda da Fraga,alegando en maio de 1953 razóns de interés público pola usurpación dos camiños públicos que a cruzaban, mais ao final nada porán facer para evitar a súa desfeita e a Fraga do marqués desaparecerá para sempre.
Outro tema polémico que tivo que afrontar ao comezo do seu mandato foi a imputación ao anterior alcalde Emiliano Calvo e Andrés Gomez López, secretario municipal, por apropiación indebida "por libramiento expedido de manera indebida en 1951".Reclámanselle 27.218 pesetas.
Porén, os temas mais relevantes da alcaldía de Andrés Saavedra estiveron relacionados co ensino, pois foron varias as iniciativas durante o seu mandato,como por exemplo o pulo á creación das escolas públicas en San Sadurniño aproveitando os 1.610 metros cadrados ao carón da Avda Marqués de Figueroa cedidos pola Marquesa o 14 de xullo de 1950. A corporación solicita en setembro e 1953 ao Ministerio de Educación que se fagan as escolas publicas (onde hoxe é o CPI). De feito, en febreiro de 1954 xa está en construción a nova escola de San Sadurniño. Tamén apoia á escola de Silvalonga que están a construír os propios veciños mediante una axuda concedida en outubro de 1953 e outras 5.000 para a de Ferreira. O concello acepta os terreos que ceden os irmáns Horacio, Carmen e María Torrente Seijas de 1.000 metros cadrados en Correlo para as escolas de Naraio en nov 1953.
En novembro de 1953 acudiu ao homaxe en Coruña a o xeneral Constantino Lobo acompañado por Emiliano Calvo. O concello aportará 250 ptas para unha placa que o nomea “Alcalde honorario de San Sadurniño”.Ao fin en 1954 paviméntase a Praza do Xeneral Franco (actual praza do Concello).
A vertente relixiosa de Saavedra nótase coa subvención municipal de 1500 ptas ás Congregacións Marianas en outubro de 1953.
O derradeiro pleno que presidiu foi o 1 de agosto de 1954, sendo substituído por Juan Pena Bouza o 5 de setembro de 1954 como alcalde en funcións por “cese do seu titular”. Juan Pena quedará como alcalde accidental ata o seis de febreiro de 1955, no que se nomeará uha nova corporación municipal presidida por Francisco Dorado Vitorio.

  • Andrés Saavedra Romero, alcalde

  • Pésame da corporación municipal pola morte da Marquesa. (febreiro de 1953)

  • Toma de posesión de Andrés Saavedra como alcalde

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, escola, xente, Alcaldes de San Sadurniño

Compartir en: