Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Asociacións

Asociacións do pasado e do presente de San Sadurniño nas sete parroquias.

Radio Comunista de San Sadurniño

Silvalonga, San Sadurniño, 1936

A comezos de 1936 a sociedade española estaba moi polarizada politicamente. O trunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 deulle pulo definitivo ao crecemento do Partido Comunista Español a través de "radios" ou agrupacións locais que se foron creando por toda España.
Tamén en San Sadurniño varios ex-militantes socialistas -da Sociedad agraria socialista-, tentarán crear unha agrupación local comunista. En maio de 1936, Victoriano Sueiras Pouso e Domingo Calvo solicitan ao Goberno Civil a legalización dos Estatutos da que pretendía ser a delegación do Partido Comunista en San Sadurniño, domiciliada na propia casa de Sueiras en Silvalonga. O seu obxectivo era: “luchar politicamente por la total emancipación de los trabajadores y el establecimiento de un régimen de igualdad social". Porén non chegou a funcionar legalmente, porque dous meses despois de enviar a solicitude, o golpe militar do 18 de xullo de 1936 aboliu as liberdades democráticas e suprimiu todas as organizacións políticas e sindicais da República.
Na ilustración, solicitude de legalización do "Radio Comunista de San Saturnino". Podes descargar os seus Estatutos en "Documentos".

Radio Comunista de San Sadurniño

Documentos:

Estatutos do Radio Comunista de San Sadurniño (1936)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións históricas, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: