Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Sociedad Agraria Socialista

Campo da feira, San Sadurniño, 1931

Tras da proclamación da II República comezaron a agromar en San Sadurniño delegacións de partidos políticos e sindicatos. Tan só 13 días despois do 14 de abril de 1931, crease o "Centro Republicano socialista de San Sadurniño", con simpatizantes do PSOE e que tiña a súa sede social na "Casa dos asturianos" no campo da Feira. O seu obxectivo, segundo o Reglamento é laborar por la propiedad de la cultura, la ganadería y la agricultura con todos los medios a su alcance".
A primeira Xunta Directiva constitúese o 2 de xullo de 1931. Estaba composta por
Presidente: Emiliano Calvo Couce
Vicepresidente: Manuel Arca Fernández
Tesoreiro: Angel Rodríguez González
Secretario: José María Sanjurjo Gil
Vocais: Benito Vilariño Naveiras, Gerardo Sisto Arcay, Antonio López Sisto, Jesús Filgueira Martínez, Enrique Fentanes Portela.
A finais de xullo, unha delegación das xuventudes socialistas ferrolánas achegáronse a San Sadurniño para saudar á nova agrupación local.

Mais, catro meses despois decícese modificar o nome por "Sociedad Agraria Socialista", trasladar a sede social á casa de Emiliano Calvo e reformar o Reglamento.

En 1932 prodúcese unha renovación da Xunta directiva:
Presidente: Andrés Rico López
Vicepresidente: Manuel Sanjurjo Gil
Secretario: José Calvo Meizoso
Tesoreiro: José Corral Calvo
Vocais: Elías Romero López e Manuel Carballo Arca.

Nos medios de comunicación e documentos da época figuran outros militantes que frecuentan e organizan actividades na Sociedad Agraria Socialista de San Sadurniño: Victoriano Sueiras Pouso; Emiliano Calvo Couce, Antonio López Sisto (presidente no 1935); José María Sanjurjo Gil, Senén López Loureiro, Andrés López Loureiro, Andrés Saavedra Gil , Antonio Filgueira Vieitez (hombre que rie), Sebastián Gómez Barro, Ricardo Sanjurjo Piñón, José Santiago e o médico municipal dende 1914, Enrique Fentanes Portela, irmán de Gerardo Fentanes, gobernador civil de Coruña.

A sociedade agraria socialista e o PSOE mantiveron unha actitude moi belixerante contra o concello republicano presidido por Vicente Castro Naveiras (Izquierda republicana)

A Sociedade Agraria Socialista foi incautada polas autoridades militares no verán de 1936. Foron requisadas varias pezas de mobiliario e 3'40 ptas. Case todos os membros da sociedade foron multados con cantidades que oscilan de 750 a 100 pesetas da época..

  • Sociedad Agraria Socialista

  • 1º Xunta directiva da Agrupación Socialista (xullo 1931)

  • Visita dos socialistas ferroláns a finais de Xullo de 1931 (La Voz de Galicia)

load

Documentos:

O alcalde republicano e os socialistas (1933)
Xunta directiva da Asociación agraria socialista de San Sadurniño en 1932
Antonio Filgueira. "El hombre que ríe". Eliseo Fernández 2005
Estatutos da Asociación Agraria Socialista (1931)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións históricas, conflitos, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: