Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

Orzamentos Participativos

San Sadurniño, 2008

Os Orzamentos Participativos puxéronse en marcha no Concello de San Sadurniño no ano 2008. Foi daquela unha iniciativa pioneira en Galicia de participación e xestión, mediante a cal a veciñanza propón e decide sobre as orientacións dos orzamentos municipais.
Trátase dun espazo de xestión conxunta no que os veciños e veciñas, a través da súa participación activa, comunican, expoñen e deciden as propostas para os presupostos, ao tempo que se forman e informan sobre o proceso, exercendo o control sobre o mesmo. O persoal técnico asesora sobre a viabilidade legal e técnica e os/as representantes políticos electos comprométense a asumir as decisións e executalas.
A través deste espazo de reflexión colectiva, que garante a transparencia do proceso, preténdese conseguir avanzar cara a un desenvolvemento equilibrado, solidario e sustentable do conxunto do territorio e da poboación municipal.
Manuel Varela Mecías, Concelleiro de Cultura, Participación Cidadá e Turismo, fálanos desta iniciativa.
Na imaxe a mesa do orzamento participativo na xuntanza do 1 de decembro de 2014.

  • Orzamentos Participativos

  • Xuntanza de preparación dos orzamentos municipais de 2015

  • San Sadurniño, concello pioneiro nos orzamentos participativos (2008)

load

Documentos:

O Novas (novembro 2014) coa información sobre o proceso dos orzamentos participativos para 2015
Banco de ideas e proxectos 2014
Orzamentos participativos no 2008 segundo a revista "Pegadas"

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraío, San Sadurniño (parroquia), Santa Mariña do Monte

Autor/a: Manuel Varela Mecías

Compartir en: