Fálame de San Sadurniño

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

test

“O meigo mouro do repetidor”

Pico de Ferreira, 2015

2ª Chanfaina'Lab (6). Estrea venres, 25 de marzo do 2016
Director: Con Suma Conciencia: David Anca, Miguel Sanjurjo, Patricia Lamas.
Actores: Iván PX e David Anca
Locución: Ernesto
Música orixinal: Labanda de Cletus.
Sinopse: "Érache un meigo mouro agachadiño entre as pedras do vello Pico con verduriñas na cesta. Érache un pobre tolo xerocultor por máis señas que subía cun trastorno que baixaba coa merenda".
Duración: 10:30”
Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 no Pico de Ferreira dentro do programa da Chanfaina' Lab.


Con Suma Conciencia é unha Asociación cultural nada no 2013 en San Sadurniño. A sede está no local da antiga escola de Silvalonga. Os seus obxectivos son a divulgación e concienciación no entorno local de novas alternativas e xeitos de vida, apostando por un mundo que funcione doutro xeito: enerxías libres, alimentación conscente, saúde e plantas medicinais, a música e o creativo como instrumentos de sanación. Asemade, unha das súas actividades é a produción de filmes humorísticos, que difunden a través da súa canle ConcienciaTV. Nos seus vídeos tentan poñerlle retranca a todo, nomeadamente a algúns dos valores dominantes na sociedade contemporánea, actualizando, ao seu xeito, os ronseis do teatro popular galego que acadara sona no primeiro terzo do século XX.

O punto de partida de “O meigo mouro do repetidor” foi a lenda do Pico Ferreira: "Nós somos afeccionados e en realidade pretendíamos facer unha película de terror, mais saíunos de humor. Na nosa Asociación realizamos moitas actividades; o denominador común en todas elas é facer sempre o que nos apetece, do mesmo xeito que no grupo de música (Labanda de Cletus) cantamos o que queremos contar. E nos videos que facemos pasa o mesmo, aínda que estamos comezando, non deixa de ser unha ferramenta máis para contar historias que tamén teñan que ver con outras cousas nas que creemos"

Así pois, este grupo de cineastas locais invítannos a pasar un rato divertido co seu humor retranqueiro e iconoclasta que de seguro engade un novo punto de vista sobre un dos lugares máis máxicos de San Sadurniño. A próxima vez que suban ata o Pico, busquen con insistencia ata topar ao filósofo solitario e estrafalario chamado o meigo mouro do repetidor; ademais dun tesouro agochado quizais consigan aclarar algúns misterios sen resolver da veciñanza de San Sadurniño.

“O meigo mouro do repetidor”
“O meigo mouro do repetidor”
Imprimir | Ampliar

Todas as imaxes:

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións actuais, castros, Chanfaina'Lab, creador@s, Ferreira, lendas, vídeos

Autor/a: Con Suma Conciencia

Vídeos:
Así va el país
Homilía neoliberal