Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

tecnoloxías

Aos poucos, as tecnoloxías do mundo contemporáneo foron enxergándose no universo agrario de San Sadurniño. cine, coches, electricidade, máquinas, internet, tren

Chegada do tren á estación de San Sadurniño

Silvalonga, San Sadurniño, 1962

Despois de 76 anos de retraso dende a aprobación do proxecto inicial, impulsado polo VI Marqués de San Sadurniño, ao fin o tren atravesa o val de San Sadurniño arredor das 13'00 horas do luns, 29 de xaneiro de 1962 procedente de Ponte Mera. O traxecto foi inaugurado polo Ministro de Obras Públicas Jorge Vigón e o bispo da diócese Jacinto Argaya Goicoechea.
A estación de Silvalonga apareceu ateigada pola veciñanza baixo do Víctor franquista e unha pancarta cun saúdo ao Ministro "agradeciendo la mejora". O alcalde daquela Francisco Dorado Victorio, será o primeiro veciño que suba a un tren na estación de San Sadurniño entre o entusiasmo xeralizado.
Mais o traxecto definitivo ata Gijón non se inaugurará ata dez anos mais tarde en 1972.
A cineasta Angeles Huerta utiliza esta localización na súa peza "Próxima estación, San Sadurniño" realizada para a 3º chanfainalab

Descarga os documentos coa crónica da inauguración do tramo Ferrol-Ponte Mera. Na fotografía,inauguración do tren en San Sadurniño por cortesía de Víctor Manuel Rico, "Vitucho"

  • Chegada do tren á estación de San Sadurniño

  • Inauguración do tren en San Sadurniño. La Voz de Galicia 30/1/1962 (1)

  • Inauguración do tren en San Sadurniño. La Voz de Galicia 30/1/1962 (2)

load

Documentos:

Chegada do tren a San Sadurniño (El Pueblo Gallego)
Chegada do tren a San Sadurniño (ABC)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), tren, vídeos, San Sadurniño (parroquia), máquinas, tecnoloxía, visitantes

Autor/a: Manolo González Álvarez

Vídeos:
40 aniversario FF.CC Ferrol-Gijón (1972-2012). Ferrol-San Sadurniño
Cruce do Transcantábrico na estación de Sansa
Chegada do tren a San Sadurniño

Compartir en: