Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Antonio Couce López na Guerra de Cuba

San Sadurniño, 1895

O 26 de agosto de de 1855 nace nunha casa da actual Avda de Figueroa Juan Antonio Couce López, fillo do alcalde Manuel Couce Díaz (Monte) e Antonia López Ferrer (San Sadurniño). Antonio ten seis irmáns: Andrés, Juan, Antonio, Amalia, Manuela -casada con Domingo López-e María Josefa Couce López. Esta última, Josefa Couce López, casará co rico propietario de San Sadurniño Luís Loureiro Pita, punto de partida dunha relevante saga familiar no concello.
Sendo mozos, Antonio e o seu irmán Juan emigraron a Cuba, cando aínda era unha colonia española. En pouco tempo Antonio rexentaba un pequeno establecemento comercial en Güira de Melena que incluía cañaveral, panadería, ferraxería e outras tendas de provisións . Axiña foi nomeado alcalde da localidade.
En 1895 cando contaba con 40 anos estalou a denominada Guerra de Cuba. Antonio púxose ao carón dos intereses españois contra os independentistas. O capitán Xeneral do exército español na illa de Cuba, o xeneral Martínez Campos nomeouno Comandante xefe do escuadrón de voluntarios de Güira de Melena o 3 de agosto de 1895. Ese feito púxoo na diana dos ataques independentistas, que un bo día incendiaron completamente todos os negocios que tiña en Guira. Mais ao poucos, con esforzo e tesón, recuperou a normalidade e a fortuna acadada nos seus longos anos de emigración na Illa.
Mais, tras da independencia en 1898 as cousas xa non son o mesmo e Antonio decide retornar á patria da infancia xa como un home maduro, -mais con fortuna- . Mercou varios inmobles en Ferrol e unha gran finca en Narón. Casou con Isabel Domínguez Montero en 1905. Non tiveron fillos, mais acolleron ao seu sobriño José Leyra Domínguez, que ficara orfo de nai. Faleceu na súa casa de Ferrol en 1926 aos 71 anos.
Co parte dos bens de Antonio proxectouse a creación das “Colonias escolares Antonio Couce”, mais o proxecto non chegou a consolidarse.

  • Antonio Couce López na Guerra de Cuba

  • Nomeamento por Martínez Campos (1895)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: emigración, guerra, outros lugares, San Sadurniño (Concello), xente

Compartir en: