Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"O patriarca da Fraga" de Leyra Domínguez

San Sadurniño, 1949

José Leyra Domínguez (1912-1997) foi un extraordinario pintor e escritor moi vencellado emocionalmente a San Sadurniño. Orfo de nai, José foi educado pola súa tía Isabel Domínguez, casada con Antonio Couce López -natural de San Sadurniño- que acadara certa fortuna na emigración cubana. O futuro pintor frecuentará o noso concello varias veces, nomeadamente arredor de 1937 onde pasou un ano completo. Mais Leyra Domínguez amará durante toda a súa vida as terras de San Sadurniño, ás que visitou en repetidas ocasións coa súa familia. Alí topará fontes de inspiración para os seus famosos "cañotos" e nas cores de todas as gamas cromáticas das beiras do Xuvia. Tamén pescudou na historia local; publicou un artigo no programa de festas de 1965 e a entrada sobre San Sadurniño na Gran Enciclopedia Galega. Mesmo deixou unha historia inédita de San Sadurniño que "Fálame" publicou na web. O lector interesado pode descargar aquí unha breve aproximación biográfica a súa vida e obra.

Leyra Domínguez escribiu iste pequeno texto sobre o cadro da portada, "O patriarca da Fraga", un carballo milenario que "vivía" na Fraga da marquesa arredor de 1948:
"Patriarca viejo, cariátide sombría con más de un milenio a cuestas, lleno de modorra y silencio, se alzaba en medio de la Fraga de la Duquesa un venerable carballo, gigantesco, ciclópeo, verdadero Polifemo repleto de nudosidades, de sarpullidos, de cicatrices, con brazos robustos separados con gestos de dolor, "horca y pendón"; amarillentos líquenes cubrían su tronco como barba de viejo profeta. Fue talado sin piedad, sin el menor respeto a su ancianidad; era un testigo mudo de muy plurales aconteceres; a su pies quedose la hierba temblando como si tuviese frío.Lo pinté repetidas veces; dentro de su vejez estaba radiante, con su variada gama de colores en las horas próximas al acostarse el sol. Figuró en varias exposiciones pictóricas. En el catálogo figuraba con el respetuoso nombre de "O patriarca da Fraga". El coro "Toxos e Froles" de Ferrol es poseedor de una pequeña reproducción".
O carballo no centro do cadro é o mítico "roble de la marquesa", tamén pintado por Asterio Mañanós en 1902 como "Cosecha perdida".
Agradecemos a xentileza e información aportada polo seu fillo José Manuel Leyra Faraldo para a realización desta entrada.
Mais historias de Leyra Domínguez

  • "O patriarca da Fraga" de Leyra Domínguez

  • Retrato de Leyra Domínguez polo pintor Ricardo Segura

  • Recuncho acougado no Xuvia (propiedade de Margarita Sánchez)

  • O pozo dos donceis. Óleo sobre lenzo. (56 x 43) Década de 1970

  • Placidez no río. Óleo sobre lenzo (73 x 60 cm). 1970-1980

  • Outro recuncho do Xuvia

  • Ribeiras do Xuvia

  • San Sadurniño. Óleo sobre lenzo (54'5 x 45 cm). (1970-1980)

  • San Sadurniño Óleo sobre lenzo (74 x 63 cm) 1960-1970

  • San Sadurniño.Óleo sobre lenzo (73'5 x 60 cm).Década de 1980

  • Leyra Domínguez -en bañador- no San Sadurniño de 1937

  • Leyra Domínguez en marzo de 1957

  • Catálogo exposición antolóxica en Ferrol

  • A familia de Fernández Murias e o carballo da marquesa

  • carballo en rod point

  • carballo en rod point(2)

load

Documentos:

Aproximación á traxectoria artística de José Leyra Domínguez
A pintura de Leyra Domínguez por Javier González Rodríguez

Comentarios

Máis imaxes

Temas: naturezas, paseos, ríos, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia), visitantes, pintura

Autor/a: José Manuel Leyra Faraldo

Compartir en: