Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Vellamorta"

Vellamorta, 2024

8ª Chanfaina Lab (1). Estrea: venres 1 de marzo do 2024
Guión e dirección: Juan Galiñanes/Andrea Bouzo
Reparto: Maruja Prieto Mera
Operador de dron: César Galdo
Música: "Winter" de Alexander Nakarada e "Adict" de Neffex
Sinopse: “Maruja goza dunha boa vida en San Sadurniño, pero todo se acaba”.
Duración: 3' 35"
Gravado no lugar de "Vellamorta", parroquia de Monte, dentro do programa da 8ª Chanfainalab



Juan Galiñanes (Cambados, 1980).
Estudou na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Director, guionista e montador de cine, publicidade e televisión. Juan Galiñanes fai as tres cousas e di que non lle gusta escoller un cargo, porque as tres lle fascinan e lle permiten estar onde se contan as historias ao longo de vinte anos na profesión; comezou a súa andaina no mundo da animación en Dygra Films onde, ademais de montar, dirixe a longametraxe "Holy Night" e a curta "O bufón e a infanta", ambas nomeadas aos premios Goya.
Logo diso, compaxina a súa faceta como director de publicidade coa dirección de varias curtas, traballa como director en series de televisión como "Serramoura" ou "A Estiba", monta longametraxes como "Live is life", "Feedback", "Dhogs"… e tamén series como "La unidad", "Marbella", "El desorden que dejas" ou "Hierro" (segunda temporada), nas dúas últimas tamén traballa como director de segunda unidade.
Foi director da segunda unidade de "Quien a hierro mata", longametraxe da que é autor do guión e entre os títulos como guionista figuran tamén "La Unidad Kabul" e "Fatum". Este último é o seu filme máis recente como director, producido por Vaca Films, está nominado aos Mestre Mateo do 2024.

Andrea Bouzo. (Cambados, 1993)
Andrea é directora e montadora afincada en A Coruña. Despois de case dez anos traballando no sector turístico, en 2019 estuda realización e cambia o rumbo da súa carreira para dedicarse ao que máis lle apaixona, o cinema.
Sempre coa mirada posta no social e interesada e comprometida co xénero, compaxina a súa faceta de directora e realizadora de ficción, publicidade e documental coa de montadora. O seu último traballo de montaxe é a serie "Marbella", dirixida por Dani de la Torre e producida por Buendía estudios para Movistar+.
En publicidade ten firmado traballos como "Galicia sabe a estrelas", "Empoderadas" ou "Mulleres desde o mar" . É directora de "III Marías" , peza experimental gañadora da sección “Fas Muvis” no OUFF e o seu último traballo é a dirección de documental "Kalabukú, a semente do cambio", rodada en Casamance (Senegal), froito dunha viaxe como voluntaria da ONG AGARESO.

Juan e Andrea tiñan unha morea de ideas na cabeza cando chegaron a San Sadurniño, mais foi nun xantar onde atoparon a idea definitiva da que tirar: "chegamos a San Sadurniño logo de aclarar un rebumbio de ideas e cunha proposta bastante clara, pero cambia todo no primeiro xantar, cando sae na conversa o lugar de Vellamorta e a posible razón do seu nome. O máis evidente, que alí tivo que morrer algunha vella. Levábamos cámara e tiñamos o lugar para a posta en escena, só nos faltaba a vella. Aí apareceu Maruja.
Por suposto, hai tantas maneiras de vivir como persoas neste mundo, pero a vida de Maruja, tranquila e con todas as súas necesidades cubertas, parecíanos perfecta para transmitir esa mensaxe e tamén a realidade dun entorno que se presta como un lugar perfecto para iso tan básico como é vivir. A idea era facer unha peza muda, pero traballando con ela démonos conta de que tiña que poñer tamén voz á historia, polo que mudamos o formato e decidimos gravar unha entrevista. Queríamos contar unha historia sinxela, aproveitando ben o pouco tempo que tiñamos para facelo e ser xustos tamén coa sensación tan marabillosa que tiñamos co equipo de cociña do ChanfainaLab e os veciños, afanados en tratar de conseguir todos os ingredientes da nosa receita.
O demais fíxoo San Sadurniño, co seu ambiente pausado e tranquilo. Pola contra, nós tivemos que correr. Así que esa intensa fin de semana de gravación dedicámonos a pasalo ben e aproveitamos moito o tempo. E iso, o vivido, é o que nos levamos".


"Vellamorta" é un pequena alfaia con toques de humor negro, unha peza onde Juan e Andrea amosan dabondo a súa acreditada mestría profesional -nomeadamente na arte da montaxe-: "Gústanos chancear con que Vellamorta é unha profunda reflexión sobre a vida e a morte, pero en realidade, parécenos que a conclusión da peza é incuestionable e abraiante: Estamos aquí e cando morremos non hai máis. Intentamos que todas esas sensacións estiveran no prato, amosando un lugar cheo de paz, benestar, onde soa a natureza, onde divertirse, reflexionar e vivir experiencias. Esas sensacións tiñan que estar aí como retorno da experiencia para a xente de San Sadurniño. Como di Maruja: “Aquí non imos quedar”. Nós sabemos que en algún momento deixaremos de estar aquí, pero polo de agora aínda estamos."
Pois iso, gozade desta pequena gran peza, perpetrada con humor gamberro, mais de xeito redondo e solvente por esta parella de cineastas de Cambados. De seguro ides botar unhas risas.
Fotografías de César Galdo.

  • "Vellamorta"

  • Juan mirando á cámara na Cortiña de San Sadurniño

  • Ao carón da deusa Navia

  • Juan e Andrea na plantación da árbore da VIII Chanfainalab

  • Juan e Andrea na foto oficial da VIII Chanfainalab

  • Juan na "Eira de cineastas"

  • Juan Galiñanes e Manolo na Eira de cineastas

  • Juan e Andrea na gravación de Vellamorta

  • Juan e Andrea en Vellamorta

  • Maruja Prieto Mera veciña de Vellamorta

  • Andrea e Juan gravando Vellamorta

  • Maruja, a protagonista de Vellamorta

  • Efectos especiais de Vellamorta

  • Máis efectos especiais de Vellamorta

  • O público da gala da VIII Chanfainalab

  • Andrea Bouzo e Juan Galiñanes recollendo a súa Lola Chanfaineira

  • Andrea e Juan cos cineastas da VIII Chanfainalab

  • Andrea a Galiñanes presentan Vellamorta

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, lendas, Santa Mariña do Monte, vídeos, labregos e labregas, visitantes

Autor/a: Juan Galiñanes Andrea Bouzo

Vídeos:
Canle de Juan Galiñanes

Compartir en: