Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Primeiras novas de Fernando de Andrade

San Sadurniño, 1483

Pouco sabemos polo de agora dos primeiros anos de Fernando de Andrade, fundador do Señorío de San Sadurniño e do Convento do Rosario. A primeira nova da súa existencia figura nun documento transcrito por Xosé Luis Lamigueiro que o sinala como patrón das ¾ partes dos beneficios da Igrexa parroquial de Santa María do Mar de Cedeira alá polo 1483: “por virtude dun foro e feudo que ten do prior do Convento do Mosteiro de San Salvador de Pedroso”. As terras de Cedeira, como gran parte do norte de Coruña, foran propiedade dos condes de Traba, polo que case resulta lóxico que algúns bens formaran parte do patrimonio do Mosteiro do Pedroso que a finais do século XV xa estaba en decadencia por mor da mala xestión dos abades cos censos perpetuos á pequena nobreza.
Fernando morrerá en 1527, polo que é de supoñer que tería entre vinte e trinta anos no momento de asinar este documento. Son tempos de reseñorializacion tras da derrota irmandiña; a nobreza recobra o seu poder como acontece no reconstruído castelo de Naraío.
Esta é a primeira irrupción na historia de Fernando de Andrade, chamado a ocupar un papel determinante na Historia de San Sadurniño
Descarga aquí o documento facilitado por Xosé Luis Lamigueiro. Na ilustración, a igrexa parroquial de Santa María do Mar de Cedeira

Primeiras novas de Fernando de Andrade

Documentos:

Documento de Fernando de Andrade en 1483

Comentarios

Máis imaxes

Temas: outros lugares, Pedroso, Señores de San Sadurniño

Autor/a: Xosé Luis Lamigueiro

Compartir en: