Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Manifestación de apoio aos afectados das Enchousas

San Sadurniño, 1985

O 24 de febreiro de 1985 unha manifestación convocada polo Sindicato agrario Comisións Labregas percorría a Avda de Figueroa, reclamando unha solución xusta para os afectados polo problema das Enchousas (As Somozas).
O problema das Enchousas foi un sonado conflito social por mor do desafiuzamento de varias familias labregas das terras que cultivaban dende hai mais de cen anos. O propietario das terras era o empresario agrogandeiro de San Sadurniño, Armando Romero Castrillón que as mercara aos herdeiros da Marquesa de Cavalcanti e Pardo Bazán e que tiveran arrendadas dende tempo inmemorial ás famlias agora desafiuzadas.

  • Manifestación de apoio aos afectados das Enchousas

  • A manifestación na prensa LVG 21.2.1985

  • O conflito das Enchousas LVG 10.12.1985

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, labregos e labregas, outros lugares

Autor/a: Fálame

Compartir en: