Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Doazón de Randulfe ao mosteiro do Pedroso

Randulfe, Bardaos, 1246

O 3 de marzo de 1246, catro irmáns que afirman ser fillos de Maior Diéguez, chamados Juan, Elvira, Urraca Froila e Urraca Fernández doan ao Prior do mosteiro do Pedroso, Domingo Pérez, a oitava parte das terras do Vilar de Randulfe en Bardaos. Non é exactamente unha doazón, pois reciben 35 soldos do Reino de León a cambio. Sinala Enrique Cal Pardo, o historiador do Pedroso, que a doazón debeu ser importante polo elevado número de confirmantes que figuran no documento de venda-doazón. Probablemente nos terreos donados se ubique o solar sobre o que foi edificada a igrexa de Santa María de Bardaos como anexa á parroquial de Santa Mariña do Monte

  • Doazón de Randulfe ao mosteiro do Pedroso

  • Igrexa de Santa Maria de Bardaos

load

Documentos:

Documento de doazón de Randulfe ao mosteiro do Pedroso

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Bardaos, igrexas parroquiais, outros lugares, Pedroso

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: