O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 1902
Dende tempo inmemorial, o pistoletazo de saída do verán en San Sadurniño son as Festas de Santa Isabel nos primeiros días de xullo. As actividades relixiosas son predominantes. Numerosas misas cunha gran homilía, nesta ocasión pronunciada por Felipe Martínez, coadxutor de San Julián de Ferrol; a solemne procesión dende o claustro do Mosteiro ata a Capela do Pazo dos marqueses. As varas do palio foran portadas nesta ocasión polo tenente da Garda Civil Federico de la Cruz, o avogado compostelán Carlos Allones, o poeta e notario de San Sadurniño José García de Quevedo, o pintor palentino Asterio Mañanós, e o secretario do Concello Eugenio Bañobre. Igual que nos anos anteriores amenizaron a festa os músicos de Ortigueira da "Banda de Presa" de Vicente Rebollar, ademais do gaiteiro de Pontedeume Antonio Vázquez; estouraron fogos de artificio a cargo do Sr Millarengo e soltáronse globos aerostáticos a cargo do industrial betanceiro Claudino Pita. Numerosas señoritas da boa sociedade ferrolana e arredores tampouco quixeron perderse unha das festas mais populares daquela no concello de San Saduniño.
Podes ler aquí a crónica das festas do 1902
Temas: festas e romarías, igrexas parroquiais, San Sadurniño (parroquia), Santa Isabel