Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

Asterio Mañanós en San Sadurniño

San Sadurniño, 1901

O palentino Asterio Mañanós (1861-1937), pintor oficial do Senado, excelente retratista e pintor costumista, naceu en Palencia no seo dunha familia republicana e liberal. O seu pai, Juan Bautista Mañanós Vidal (Castellón 1835 - San Sadurniño 1908) nacera no País Valenciá, mais instalouse en Palencia, onde era propietario dun comercio en 1874. Daquela xa era un destacado militante do Partido Demócrata e concelleiro republicano na corporacion municipal palentina de 1869 a 1874. Casou coa palentina Francisca Martínez Ortega e tiveron tres fillos: Asterio, Balbino e Purificación. Esta última casará co avogado palentino e correlixionario político de Juan Bautista, José García de Quevedo, quen acadou a praza de notario de San Sadurniño en 1899.
Debido a súa avanzada idade, os pais de Asterio Mañanos decidiron trasladarse a San Sadurniño para vivir coa súa filla Purificación e o seu xenro; por esa razón o gran pintor visitará repetidas veces a familia en Galicia dende 1900 a 1912. Podemos velo participando activamente na procesión das festas de Santa Isabel de 1902. En setembro de 1905 morrerá a súa filla de quince meses, Purificación. A finais de agosto de 1908 falece o pai de Asterio en San Sadurniño aos 73 anos de idade.

Tras das estadías artísticas en Roma e París, Asterio Mañanos casou con Leonor López del Plano y Ramírez de Arellano e instálase en Madrid arredor de 1891. Mais todos os veráns achegábase ata San sadurniño para pasar algúns días cos seus pais que xa ían maiores. Por eso, gran parte dos cadros de "tema gallego" de Asterio como "El cuento", "Pobres ..y enfermos", "¡Coitadiños¡", "Interior de una casa de aldea", "Quien escucha, su mal oye" foron pintados en San Sadurniño entre 1900 e 1912. Un bó exemplo é o lenzo "El testamento de aldea" no que figura o seu cuñado, o notario-poeta José García de Quevedo.
A altura de 1908 -ano no que morre o seu pai- residiu unha longa temporada en San Sadurniño e mesmo participou activamente na axitada política local apoiando explicitamente á Asociación agraria "La Moralizadora" e asistindo aos seus mitins de xuño e agosto de 1908.

Mais a pesares do seu compromiso liberal e progresista, Asterio tamén é un vello coñecido dos moi conservadores marqueses de San Sadurniño aos que retratara no Senado en 1906. O pintor palentino vendeulle á Marquesa varias copias de mestres da pintura española -pintados no 1903- para colgar nas paredes do remudado Pazo de San Sadurniño. Algúns dos lenzos de gran formato expuxéronse no Convento do Rosario no 2012.
Na ilustración, o cadro "Cosecha perdida", pintado en San Sadurniño arredor de 1901 e que reflicte a desolación dunha familia labrega despois de que unha treboada de saraiba lle estragase a colleita. O carballo no centro do cadro é o mítico "roble de la marquesa", tamén pintado por Leyra Domíngues en 1949 como "O patriarca da Fraga"

  • Asterio Mañanós en San Sadurniño

  • Sinatura de Asterio Mañanos

  • Asterio Mañanos Martínez (Palencia, 1865 - 1937). Pintado por Joaquín Sorolla en 1903

  • Os Marqueses de San Sadurniño no Senado (1906)

  • Testamento de aldea (1908)

  • Copia dun cadro de Velázquez en San Sadurniño

  • Exposición de catro óleos de gran formato do Pazo da marquesa (2012)

  • Exposicion copias de Mañanós. San Sadurniño 2012

  • Comercio de Juan Bautista Mañanós en 1874

  • Mitin de agosto de 1908 da Asociación "La Moralizadora"

  • "Pobres y... enfermos". Asterio Mañanós

  • ¡Coitadiños¡. Asterio Mañanós

  • "Interior de una casa de aldea". Asterio Mañanós

  • "Quien escucha su mal, oye". Asterio Mañanós. Na fonte do Convento do Rosario

  • Francisca Martínez Ortega, nai de Asterio Mañanós

  • Juan Bautista Mañanós Vidal, pai de Asterio Mañanós

  • Leonor López del Plano y Ramírez de Arellano, muller de Asterio Mañanós

  • Dedicatoria e autógrafo de Asterio Mañanós en Febreiro de 1937

  • Autoretrato de Asterio Mañanós

  • Carballo da Marquesa na Fraga

  • Necrolóxica da filla de Asterio Mañanós

load

Documentos:

"Una tarde en el estudo del ilustre pintor Asterio Mañanos". Revista Palencia, 1935
En el estudio de Asterio Mañanós". Mundo gráfico. Abril 1934

Comentarios

Máis imaxes

Temas: pintura, labregos e labregas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: