Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

José Salgado Salgado, alcalde

Remicieiro, Igrexafeita, 1918

Alcalde de San Sadurniño (1918-1920)
José Salgado Salgado, naceu no lugar de Remicieiro na parroquia de Igrexafeita en 1875. Era fillo dos labregos propietarios de terras Miguel Salgado Paz e Vicenta Salgado Paz. Casou con Manuela Hermida Hemida e terán oito fillos: María, Sindo, Víctor, Manuela, Pura, Encarnación, Jesusa e Andrea. Arredor de 1910 era un dos maiores contribuíntes da parroquia de Igrexafeita. Entra como concelleiro da corporación municipal presidida por Juan Fernández Calvo en xaneiro de 1916, onde terá unha actividade discreta.
Será nomeado alcalde o 1 de xaneiro de 1918, con 43 anos. Os seus compañeiros de corporación foron: José Piñeiro Moreira, (1º tenente alcalde); Enrique Vellón Fernández, (2º tenente alcalde, Lamas); Cipriano Casal Castro (Síndico, Naraío); Manuel Dopico Díaz (San Sadurniño); Francisco Mera Hermida (Ferreira); Manuel Hermida Santalla (Ferreira); José Soto Piñón (Igrexafeita); Manuel Pita (Monte); Juan Fernández Calvo,interventor (Monte); Vicente Rodríguez Canosa (Bardaos) e José María Rodríguez González (Lamas).

O talante conservador da corporación municipal presidida por José Salgado porase de manifesto ao longo dos dous anos de mandato en varias ocasións, nomeadamente polo estreito vencello con Julio Wais, deputado polo distrito electoral do Partido Conservador. Nas eleccións xerais do 1918, aínda que os seguidores da oposición “agrarista” de Rodrigo Sanz afirman convocar a 2.500 persoas nun mitin en San Sadurniño, porén Julio Wais acada un abraiante triunfo electoral no seu distrito. A corporación municipal: “expresa su satisfacción por el triunfo de nuestro diputado Julio Wais, esclarecido gallego, amante como el que más de nuestra región, hombre de talentos y de novedosas iniciativas. Esta corporación lo felicita con entusiasmo (Pleno do 3-3-1918)
O deputado moverá algúns fíos na conflitiva España da Restauración para que se adxudique a construción da estrada a Cruz de Lamestra (4/4/1918) que fora autorizada en 1914. Outras obras menores serán o comezo da construción dos camiños veciñais da Feira a Currás, de Riboira a Moeche (agosto de 1918) e unha ponte en Vilar (Lamas). De feito, o concello proclama na Acta de sesións o agradecemento polo "gran celo con el que Julio Wais viene defendiendo siempre los intereses de este pueblo a cuya eficaz gestión débese entre otros beneficios de consideración la concesión de mil pesetas de la Jefatura provincial de obras publicas para las obras de desmonte y nivelación del terreno situado frente a esta casa consistorial, la corporación acordó por unanimidad tributar a dicho diputado el homenaje de su imperecedera gratitud y para perpetuar esta, dar a la referida plaza el nombre de Julio Wais, colocándose en ella una placa que así lo exprese”.
Durante o mandato de José Salgado prodúcese a temida epidemia de gripe española que asolará o concello en outubro de 1918 con mais de 500 afectados e 135 mortos. Na epidemia morrerá en Neda Eugenio Bañobre del Río, o secretario municipal de 1900 a 1910. O propio alcalde poñerase enfermo e pedirá permiso por un mes para repoñerse, coincidindo coa fin da 1º Guerra mundial.
O orzamento municipal segue a ser moi cativo -arredor de 20.000 pesetas da época- e pouco pode facerse nun concello excesivamente ruralizado e sen perspectivas de futuro, no que se está a producir un fenómeno de emigración masiva cara América. Unha das escasas novidades deste mandato será o agasallo dunha fonte por parte dos Duques da Conquista. O concello de San Sadurniño recolle a entrega oficial da fonte na sesión municipal celebrada o 29-9-1918: "Fue entregada una fuente para uso público, una fuente situada en el lado oeste de la carretera del estado que va al campo de la feria, así como las reformas de la fuente de Belén situada en el campo de la feria y por tan beneficiosos donativos tributamos a los Señores donantes el mayor agradecimiento".
Tamén con José Salgado ponse en marcha o proxecto de matadoiro municipal, que se lle adxudica a Belarmino Gil Fontans (10/8/1919), co conseguinte enfado do outro aspirante, o adiñeirado comerciante Luís Loureiro. Tamén ábrese o concurso para unha praza municipal de "inspector pecuario" (veterinario), que acadará un ano mais tarde Antonio del Castillo.
Como curiosidades destes dous anos podemos anotar á morte de Marta Wirtz, de relixión protestante, o que obriga a facer un anexo no cemiterio de San Sadurniño para “gente de otras religiones distintas de la católica” (21-9-1919) e a morte por disparos do cura de Ferreira por un disparo de pistola en 1918.
O día 1 de abril de 1920 será substituído por José Fernández Pita. Mais José Salgado continuará vencellado á política municipal. En 1924 afíliase a Unión Patriótica único partido legal na Ditadura de Primo de Rivera, mais voltará a ser concelleiro con Faustino Loureiro (1930) e con Manuel Dopico Díaz (1931) na derradeira corporación monárquica, e neses mesmos anos é o vicepresidente da asociación agraria "la moralizadora". Un mes despois, coa chegada da 2º República, topamos de novo ao camaleónico José Salgado como conselleiro na corporación republicana, desta volta baixo o paraugas do partido Unión Republicana.
Falece en Remicieiro, Igrexafeita, ao parecer por un accidente cun carro o 19 de outubro de 1947 aos 72 anos de idade.
Agradecemos a fotografía aportada por Ana Lamas para esta entrada.

  • José Salgado Salgado, alcalde

  • Sinatura de José Salgado Salgado

  • Morte do cura de Ferreira (28-10-1918)

  • Casa de José Salgado en Remicieiro

load

Comentarios

Mª Consuelo

2015-05-19 21:30:35

Nesta história hai algún erro. Morreu en Remicieiro (Igrexafeita). A sua filla máis nova chamábase América, pero non descarto que fose Andrea, algunha vez poñen un nome e logo chaman outro. El finou a consecuencia dun accidente, pasoulle por riba un carro

falame

2015-05-19 21:57:18

Graciñas Consuelo, os nomes dos fillos están extraidos da partida de defunción no Rexistro Civil de San Sadurniño O do accidente o incluímos. Calquera cousa mais que queiras informanos, non deixes de indicao.

Máis imaxes

Temas: Alcaldes de San Sadurniño, Igrexafeita, San Sadurniño (Concello), xente

Compartir en: