Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

O soldado Soto Meizoso na Guerra de África

Pielas, Naraío, 1922

Manuel Soto Meizoso naceu o 5 de maio de 1900 en Pielas (Naraío). Era fillo dunha familia labrega formada por José Soto e Carmen Bouza. Aos 16 anos foise co seu pai a Cuba onde contruía gabias nas ciénagas para fabricar carbón que logo vendían na Habana. Aos 20 anos retornou para facer o servizo militar e tocoulle como destino África. Mais en 1921 o Desastre do Annual reactivou a Guerra con Marruecos e Manuel, como tantos mozos do seu tempo, viuse obrigado a participar nunha guerra impopular que levaría á tumba a un bo fato de mozos españois. Manuel Soto Meizoso tivo sorte. Enrolado no corpo de Enxeneiros, converteuse no asistente persoal e coidador dos cabalos do mesmísimo xeneral Millán Astray cofundador da "Legión española" con Francisco Franco. O prestixioso historiador e hispanista Sebastián Balfour entrevistouno en 1998 para o seu documentado ensaio: "Abrazo mortal", de la Guerra colonial a la Guerra civil en España y Marruecos".
O soldado Soto Meizoso volveu a Naraío, casou en 1925 e vivirá en Pielas, falecendo en Fene no 1999 aos 99 anos.
Sofía González Soto, alumna de 2º de bacharelato do IES "Concepción Arenal" de Ferrol, entrevistou a Manuel Soto Bouza, xenro do Manuel, co gallo dun traballo para a materia "Historia de España", onde se relatan algunhas aventuras do soldado Soto Meizoso.

Na fotografía, Manuel Soto Meizoso en Ceuta.

  • O soldado Soto Meizoso na Guerra de África

  • Manuel Soto na súa casa de Pielas

  • Manuel Soto e o seu pai arredor de 1917 antes da viaxe a Cuba

  • Listaxe de entrevistados por Sebastián Balfour

  • Libro de Sebastián Balfour

  • Problemas de Soto Meizoso 13.1.1937

load

Comentarios

Mercedes Soto Santalla

2015-05-31 19:48:04

Hola Manolo! Soy la madre de Sofía, no sabes la ilusión que me hace ver el trabajo en esta página. Es como un homenaje a mi abuelo que tantas peripecias pasó en su vida. Te lo agradezco en nombre de la familia y si necesitas más información, no dudes en decírmelo porque ahí está Manolo que es una enciclopedia viviente ya que conoce muy bien todo lo que mi abuelo vivió pues los últimos años de su vida los pasó en Fene, en su casa. Bueno, lo dicho, MUCHAS GRACIAS y un saludo! Mercedes Soto

Máis imaxes

Temas: emigración, Naraío, guerra, servizo militar, vídeos, xente

Autor/a: Sofía González Soto

Compartir en: