Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Julio Wais e San Sadurniño

San Sadurniño, 1913

Hoxe case ninguén o lembra, mais Julio Wais San Martín (Coruña 1878-Madrid 1954), foi o político de referencia en San Sadurniño de 1913 a 1923. Substituía ao Marqués de Figueroa como o representante do Distrito electoral de Pontedeume. En termos actuais sería algo así como a quintaesencia do cacique todopoderoso que controla todos os resortes do poder no seu distrito: os concellos de Pontedeume, Castro, Monfero, A Capela, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda e San Sadurniño. O avogado Julio Wais foi un sobranceiro militante do Partido Conservador de Antonio Maura e chegará a Ministro de “Gracia y Justicia” en 1921 e Ministro de economía baixo da “Dictablanda” do xeneral Dámaso Berenguer (1930-1931).
Como “cacique” político do Distrito, Julio Wais estará presente na vida cotián do concello de San Sadurniño porque teóricamente era o "defensor" dos seus intereses no Parlamento español. Foi elixido polo artigo 29 tras da morte repentina en 1912 do anterior deputado do distrito, José Lombardero, e “gañará sistemáticamente" todas as eleccións ata a Ditadura de Primo de Rivera en 1923.

Durante esta década, o concello organizará numerosas homenaxes á figura deste político conservador e monárquico convencido. Rexistramos aquí algunhas delas.
O 28 de novembro de 1912, sendo alcalde o "propietario" Pelayo Casal Novo –será o alcalde na Guerra civil-, tíranse bombas de palenque a conta do concello pola visita do novo deputado do distrito. Mais será ao ano seguinte,no 1913, cando Don Julio realice a primeira visita trunfal ao "seu" feudo de San Sadurniño co apoio explícito do alcalde do Partido Conservador e a corporación municipal en pleno.
Nas eleccións de 1918, aínda que os seguidores da oposición “agrarista” de Rodrigo Sanz afirman convocar a 2 500 persoas nun mitin en San Sadurniño, porén Julio Wais acada un abraiante trunfo electoral. A corporación municipal daquela, presidida polo alcalde, o "propietario" José Salgado Salgado: “expresa su satisfacción por el triunfo de nuestro diputado Julio Wais, gallego, amante como el que más de nuestra región, hombre de talentos y de novedosas iniciativas. Esta corporación lo felicita con entusiasmo" (Pleno do 3-3-1918). Meses mais tarde o mesmo alcalde promove unha moción acordando darlle o seu nome á praza do Concello polo "gran celo con el que Julio Wais viene defendiendo siempre los intereses de este pueblo a cuya eficaz gestión débese entre otros beneficios de consideración la concesión de mil pesetas de la Jefatura provincial de obras publicas para las obras de desmonte y nivelación del terreno situado frente a esta casa consistorial, la corporación acordó por unanimidad tributar a dicho diputado el homenaje de su imperecedera gratitud y para perpetuar esta, dar a la referida plaza el nombre de Julio Wais, colocándose en ella una placa que así lo exprese”. En 1931 será renomeada como "Praza da República" .

E por último, o alcalde conservador José Fernández Pita proporá unha moción no concello en maio de 1921, expresando a súa gratitude a Julio Wais "por todo lo que lleva hecho por nuestro pueblo". O alcalde tamén asistiu a gran homenaxe que se lle fixo en Pontedeume.
A día de hoxe é dificil recoñecer algunha iniciativa deste deputado que repercutira positivamente en San Sadurniño ou nos seus habitantes. En definitiva, o ronsel do político conservador coruñés monopolizou a vida política do concello durante esta década (1913-1923), mais a vida cotián nas sete parroquias seguiu a ser similar á dos seus devanceiros do século XIX. Podes descargar un documento coa biografía completa do deputado coruñés.
Na fotografía, Julio Wais arredor de 1921.

  • Julio Wais e San Sadurniño

  • Oleo de Julio Wais na Deputación de Coruña, pintado por Román Navarro

  • Julio Wais, ministro de Economía (1930)

  • Retrato oficial de Julio Wais como Ministro de economía

  • Mitines electorais na campaña electoral de 1918 (Ideal Gallego, 4-2-1918)

  • Trunfo electoral do Partido conservador

  • Homenaxe a Wais, con asistencia do alcalde de San Sadurniño. Ideal Gallego, 21-9-1921

  • Xira electoral de Wais. 29.11.1912. El Noroeste

  • Visita de Julio Wais o 10.09.1913. El Noroeste

load

Documentos:

"Lembranza de Julio Wais". Anuario Brigantino, 2008

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Vídeos:
O polémico artigo 29

Compartir en: