Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
A Cortiña, San Sadurniño, 2009
No ano 2009 o Concello propúxose recuperar a tradición feiral -de tempos inmemoriais- na encrucillada de camiños que sempre caracterizou o territorio de San Sadurniño. A iniciativa tenta poñer en valor o desenvolvemento sustentable das empresas agrogandeiras, servir coma escaparate do potencial do medio rural e un argumento máis para dinamizar o tecido económico local do que se beneficia principalmente a hostalaría.
A Feira multisectorial celebrase durante o mes de agosto na finca A Cortiña de propiedade municipal e situada entre a estrada Ferrol-Ortigueira e o río Xuvia. A súa periodicidade será anual e o nome dende a primeira edición, Feira Rural. A iniciativa completarase no 2013 co "Mercado local xusto"
A súa proximidade aos Xardíns do Pazo da Marquesa, a Horta de Conservación con máis de 200 variedades de froiteiras, e ao Arboreto Galego, conforma un espazo natural a carón do paseo do río Xubia, que, debido ás súas características únicas, convertérono nunha actividade multitudinaria e imprescindible no devalar de San Sadurniño ao longo dos últimos anos
Temas: vídeos, feiras, San Sadurniño (Concello), empresas agrogandeiras, lecer
Vídeos:
Feira rural de San Sadurniño (2012)
Feira rural de San Sadurniño (2013)