Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Pedro Alvarez de Reynoso, X Señor e 1º Marqués de San Sadurniño

Pazo da marquesa, San Sadurniño, 1682

X Señor (1682-1702) e 1º Marqués de San Sadurniño (1688-1702)
Tras a morte consecutiva dos seus tres irmáns, Francisca Ventura de Andrade e Pardo de Figueroa convértese na "X Señora de San Sadurniño e Señora de Cerdido e Somozas, arredor de 1682. Dona Francisca casara oportunamente co rico vinculeiro ourensán e de boa familia D. Pedro Álvarez de Reynoso Argiz e Gayoso, quen ademais era rexedor perpetuo e aguacil maior de Ourense, título outorgado á súa familia por Felipe IV en 1630. Don Pedro debeu ser un home de boa posición social e de carácter enérxico e afoutado, que será providencial para o depauperado señorío de San Sadurniño, en decadencia dende había 30 anos. En 1682 os novos Señores comezan a preitear polo control das súas propiedades e o cobro de rendas do señorío, como por exemplo cos 92 veciños de San Martín de Cerdido aos que leva ao tribunal da Cancillería de Valladolid esixindo en razón de vasalaxe o abono anual de varios ferrados de cebada. Pola súa banda os veciños protestan polo "modos de violencia medo e extorsión" que exerceron contra deles os Señores de San Sadurniño. Porén, dous anos despois, en 1684, chegan a un acordo polo que os veciños pagarán todos os meses de novembro "4 celemines de cebada blanca los más ricos, 2 los medianos y nada los pobres. Por certo á esa altura Don pedro é calificado como "veciño de Ourense".
Mais a gran nova para os intereses do Señorío será a consecución da categoría de Marqués acadada por unha Real Carta co título do "Marquesado de San Sadurniño e Vizcondado de Cerdido" o 12 de decembro de 1688. A débil monarquía hispánica de Carlos II precisaba liquidez naqueles tempos de crise, guerras europas e decadencia do imperio. Durante o seu reinado vendéronse mais de 600 títulos de nobreza -239 marquesados-, a cifra mais alta da historia, por mor de recaudar diñeiro para a Tesourería Real. Foron os cartos da gran fortuna do rico vinculeiro ourensán quens fixeron posible o título de Marqués de San Sadurniño. Ao fin, os señores de San Sadurniño- agora marqueses- garanten o mantemento e a pervivencia do morgado, ademais dun vertixinoso incremento de poder e influencia no devir do tempo.
Entre as iniciativas que se lle apoñen a Don Pedro está o traslado da Feira de San Sadurniño ao Souto de agra arredor de 1691. Outra nova curiosa destes anos (1690) foi o intento de celebrar unha festa anual adicada a San Sadurniño, mais non prosperará, polo que as festas locais seguirán a ser as de Santa Isabel.
O 1º Marqués de San Sadurniño falece o 30 de decembro de 1702, sendo soterrado na Capela Maior do Convento do Rosario. Os intereses dos marquesados serán xestionados pola man enérxica da súa viúva, Francisca Ventura de Andrade, quen entre outras iniciativas construirá en 1707 a Capela de Belén at a sua morte en 1717.
Tiveron 5 fillos:
Pedro Álvarez Reinoso y Andrade (2º Marqués, sen fillos)
• Maria Rosa Álvarez Reinoso y Andrade, falece en Betanzos en 1705, mais tamén será soterrada na Capela do mosteiro. Casou con Álvaro de Quindos e Bolaño.. O seu fillo, José Jacinto Quindos será o 3º Marqués de San Sadurniño. O seu marido volverá a casarse con Manuela Osorio Vaamonde en 1717.
• Mariana Álvarez Reinoso y Andrade casada con Antonio Micael Mosquera, Marqués de Guimarey quen toleou en 1705. Falece en 1712 e soterrada en no Convento.Terán un fillo, Xose Antonio Mosquera,que morrerá solteiro e sen descendencia.
• Jose Álvarez Reinoso y Andrade
• Andrea Álvarez Reinoso y Andrade. Monxa

Pedro Alvarez de Reynoso, X Señor e 1º Marqués de San Sadurniño

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, Señores de San Sadurniño

Compartir en: