Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

asociacións

Asociacións do pasado e do presente de San Sadurniño nas sete parroquias.

O teleclube de Riboira

Riboira, Lamas, 1969

Carmen Couce e Carmen Bouza (Maruxa) lémbranse dos tempos felices da súa mocidade no teleclube de Lamas en Riboira, nun local de Severino García Ramil, onde funcionara nos tempos da 2ª República o Centro recreativo e cultural de Lamas, clausurado polo goberno militar golpista en agosto de 1936.
O teleclube de Lamas, inaugurado o 14 de febreiro de 1969, dinamizou a vida da parroquia nos anos 70 coa organización de moitas actividades como charlas divulgativas, visionado de cine e TV, teatro, xogos e bailes nas fins de semán.



Na casa reitoral de San Sadurniño xa existía un teleclube dende facía uns anos. Aquí podes ver unha breve reportaxe de TVE sobre os teleclubes na España dos sesenta.
O edificio albergou tamén numerosos negocios de todo tipo, como a zapataría de Fernando Soto. Na Chanfaina'lab de 2014, o cineasta Xurxo Chirro evocou o seu ronsel en "Teleclube"

  • O teleclube de Riboira

  • Xente nova no teleclub de Riboira

  • Inauguración do teleclub de Riboira o 14 de febreiro de 1969

  • Teatro no teleclub de Riboira

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións históricas, Lamas, lecer, xente, teatro

Autor/a: Carmen Couce Picos

Vídeos:
Teleclube

Compartir en: