Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

traballos e días

O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos

"A vida que houbo"

Naraio, San Sadurniño, Igrexafeita e Monte, 2024

8ª Chanfainalab (2). Estrea: venres 1 de marzo do 2024
Guión e dirección: Francisco Cela
Asistencia técnica: Fran e Lucía da Lobeira
Música: Belén Carril Míguens
Sinopse: “A vida ábrese camiño e a natureza recupera o seu espazo no interior das casas abandonadas de diferentes parroquias de San Sadurniño”
Duración: 4' 14"
Gravado nas parroquias de Naraío, San Sadurniño, Igrexafeita e Santa Mariña do Monte dentro do programa da 8ª Chanfainalab



Francisco X. Cela, (Triacastela, 1989)
No ano 2007 comezou a estudar Educación Social e Pedagoxía, especializándose nos centros de menores. No 2019 comezou a preparar unha oposición e durante a pandemia creou a canle "A corte do director" e anos despois o podcast "A caixa negra da Nostromo". En ambos recomenda ou critica, mais sempre con humor. Actualmente está a desenvolver o personaxe "Breogán Pimentel, artista multinivel" parodia de cineasta/escritor/bailarín/persoeiro que pretende utilizar como personaxe condutor dunha serie de pezas de corte retranqueiro e humorístico.

Francisco achegouse a San Sadurniño coa intención de facer unha obra que continuase o ronsel retranqueiro habitual das súas pezas para a rede, pero por unha serie de circunstancias decidiu abandonar o fío condutor inicial e trocou de plan ao decatarse de varias casas abandonadas polas parroquias de San Sadurniño con sinais explícitos da súa vida antiga: "Lembreime dos meus que xa non están, como as miñas avoas, e prevaleceu a idea de procurar a pegada do devalar do tempo; como a vida e a natureza retornan ao que sempre foi seu, convivindo cos restos dos devanceiros habitantes dos espazos. Mesmo tiven a idea de utilizar cartas da miña avoa para cementar mellor a peza, pero logo, a fermosa música que compuxo Belén Carril fíxome trocar de idea, porque a música fai o seu traballo mellor que as palabras".

"A vida que houbo" é un aposta lírica e persoal, cun estilo visual que procura a vida que aínda agroma entre o cemento e a memoria. "Si esta peza non fora miña gozaría ao vela. Penso que é moi levadeira para calquera público, aínda para o non cinéfilo. Eu quedei moi satisfeito porque é a primeira vez que me afasto do meu rexistro habitual, polo que esta peza converteuse nunha gran experiencia persoal reveladora". O lector interesado pode visionar o video que condensa a experiencia de Francisco Cela na Chanfainalab . Así pois, deixémonos acompañar da mirada deste prometedor cineasta lugués, polas texturas esvaídas do ser humano e a resiliencia da natureza a través de catro parroquias de San Sadurniño.
Fotografías César Galdo.

  • "A vida que houbo"

  • Francisco Cela na "Eira de cineastas"

  • Francisco Cela na procura do encadre

  • Fra, Vitucho e Paco Cela

  • Francisco Cela observando como se planta a árbore da chanfainalab.

  • Francisco Cela na plantación da Chanfainalab

  • Paco Cela na foto oficial da VIII Chanfainalab

  • Manolo e Paco na "Eira de cineastas"

  • Por aí anda Francisco Cela

  • Paco concentrado na procura da vida que houbo

  • Francisco Cela na gravación da súa peza

  • Na gravación de "A vida que houbo"

  • Público asistente á VIII Gala da Chanfainalab

  • Francisco Cela recollendo a sua Lola chanfaineira.

  • Francisco Cela co resto de cineastas na Gala da VIII Chanfainalab

  • Francisco Cela presenta A vida que houbo

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, creador@s, naturezas, vídeos, visitantes

Autor/a: Francisco Cela

Vídeos:
A miña experiencia na Chanfainalab

Compartir en: