Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

traballos e días

O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos

"O arado"

Igrexafeita, 2023

7ª Chanfaina Lab (20). Estrea: venres 30 de xuño do 2023
Guión e dirección: Domingo Díaz
Música: Arturo Kress
Produción: Rosa Ferreiro.
Reparto: Abel Vega.
Sinopse: “As primeiras civilizacións xurdiron vinculadas ao uso do arado na agricultura. Os arados arrastrados por animais de tiro aumentaron enormemente o tamaño das colleitas. En San Sadurniño, eran os bois os animais empregados para arar os campos. Fai anos que xa non é así. Abel visita as ruínas da casa na que naceu e atopa un arado que decide recuperar”.
Duración: 5' 28"
Gravado na parroquia de Igrexafeita, dentro do programa da 7ª Chanfainalab




Domingo Díaz (Petín, Ourense, 1967). Traballaba nunha axencia de publicidade cando comezou a participar en producións de curtametraxes e documentais con amigos e compañeiros. Pouco a pouco esta actividade extra laboral foi medrando ata deixar o mundo publicitario para dedicarse plenamente ao audiovisual. Nun primeiro momento exerceu de produtor de documentais de xeito independente, desa etapa xurdiron obras coma “Apartado 12”, “Sempre Xonxa en Petín” ou “Espírito Abertal” entre outras. En 2011 crea a produtora Socialdocs adicada á produción de contidos sociais e proxectos culturais. Nesta etapa produce documentais coma “Muller(es)Muller”, “Ferrol 1936”, “Noetiña”, “Republicanas en Galicia". Nos últimos anos comeza tamén a dirixir e realiza a longametraxe “O desafío do Sil” e as longametraxes pendentes de estrea “Tomás Fábregas. Fighting Barriers” e “Florencio na terra”.

Domingo achegouse a San Sadurniño coa idea expresa de filmar sobre o arado: "A idea orixinal era facer un paralelismo entre a agricultura e o cinema; entre cultivar un terreo para facelo fértil e filmar unha película nun determinado territorio. Dalgún xeito estas dúas actividades producen unha transformación e fomentan cambios. Estaba a pensar por exemplo na rodaxe de "Sempre Xonxa" (Chano Piñeiro 1989) e o que significou para Petín, o meu pobo. Cada vez que visito de novo a película non deixo de emocionarme vendo a xentes de Valdeorras en moitas escenas. Para a miña curta precisaba dun terreo e dun cabalo. A miña aportación era o arado e a man de obra. Os cabalos que atopamos estaban máis adestrados no pasto e no paseo que nos labores agrícolas, así que foi preciso reformular a idea orixinal. Optei por facer unha homenaxe ao arado coma elemento de importancia na transformación social das primeiras comunidades agrícolas, e que agora está sendo reconvertido nun elemento decorativo. O uso da voz de Abel Vega foi case unha obriga. Coñecía as curtas que tiña feito para o Chanfaina e foi o meu guía na procura de localizacións. A súa forma de narrar tiña que estar na peza"

"O arado" é un documental que pretende render homenaxe a esta ferramenta que tanto significou na creación da civilización e nos devanceiros de Sansa. "Desde o punto de vista persoal, o arado é para min un elemento da miña infancia. A imaxe do meu pai, nos meus primeiros anos de vida, vai moi ligada a un arado. En concreto ao arado que aparece na curta. A idea orixinal era outra pero na creación audiovisual, ao igual que na agricultura é preciso adaptarse ás condicións do momento". Porén, o experimentado cineasta petinés foi quen de darlle un aire de "gran documental" que nos transporta ás orixes da agricultura; o resultado final obríganos a remirar e a coñecer a transcendencia de ese humilde trebello dende os comezos da humanidade.
Fotografías César Galdo.

  • "O arado"

  • Domingo Díaz na recepción da VII Chanfaina

  • Domingo Díaz na plantación da árbore da VII Chanfaina

  • Domingo Díaz na plantación conmemorativa da Chanfaina

  • Domingo Díaz na foto de familia da VII Chanfaina

  • Domingo Díaz na Eira de cineastas

  • Domingo Díaz e Manolo González

  • Domingo Díaz prepara o arado para a gravación

  • Domingo e Rosa cos preparativos da rodaxe

  • Domingo e Rosa na rodaxe da curta "O arado"

  • Domingo Díaz co arado

  • Domingo Díaz e Abel Vega na rodaxe

  • Domingo Díaz e Abel Vega na rodaxe de "O arado"

  • Abel Vega protagoniza a curta "O arado"

  • Domingo Díaz no xantar da VII Chanfaina

  • Domingo Díaz co resto de cineastas na VII Chanfaina

  • Domingo Díaz no xantar de despedida da VII Chanfaina

  • Domingo Díaz na despedida da VII Chanfaina en setembro

  • Domingo e Rosa na gala do VII Chanfaina en febreiro

  • Domingo Díaz presenta a curta "O arado" na gala do VII Chanfaina

  • Público asistente á gala da VII Chanfaina en febreiro

  • Domingo Díaz na foto de familia na gala de estreas do VII Chanfaina

  • Domingo, Rosa e Abel durante a rodaxe de "O arado"

  • Domingo Díaz presenta a curta "O arado"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: animais, Chanfaina'Lab, empresas agrogandeiras, gandeiría, Igrexafeita, labregos e labregas, máquinas, megalitismo, vídeos, visitantes

Autor/a: Domingo Díaz

Compartir en: