Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

7ª Chanfainalab

San Sadurniño, 2022

Despois destes dous anos difíciles baixo a ameaza da pandemia, na fin de semana do 1 ao 4 de setembro do 2022 recuperamos de novo a marabillosa experiencia audiovisual da ChanfainaLab: un encontro de cineastas que pon en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: os participantes teñen que gravar na fin de semana unha película coa duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural e as súas xentes, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.

Outro dos sinais de identidade da Chanfainalab é o de ser un "revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as participantes segundo idade, xénero, formación ou experiencia d@s cineastas para que o encontro sexa un tempo fecundo, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara, máis do 60 % dos participantes son autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño: Dende menores de vinte anos como Andrea Fernández(2004); Andrea Pena (2004); Paula Vilariño (2004) ou Pablo Martínez (2004), ata a mocidade inqueda de Naraío: Brais Varela, Iago Varela, Brianda García, Antonio Fraga, Geray Arnosa, Ricardo Noval, Óscar Torrente e Verónica Castrillón que participan baixo a marca NaraioMedia. Tamén contamos con novas promesas recentemente tituladas en Belas Artes ou Audiovisual como Raquel Álvarez (1998),Sofía Naseiro (1996), Claudia Pineda (1995), Ariadna Silva (1996) e a científica Ángela Arnosa (1996). Asemade, como nas edicións anteriores, participan un grupo de profesionais con experiencia dabondo en ámbitos diversos do audiovisual como a cineasta e montadora Iria Silvosa (1992); o actor Kevin Lorenzo,(1991), a xornalista e creadora Ary López (1987), a videopoeta Celia Parra (1990), os experimentados directores Dani Viqueira (1983); Alberto Gracia (1978);Rubén Coca (1977); Toño Chouza (1979), o documentalista , Domingo Díaz (1967) e o pioneiro do cine galego moderno, o grande Xavier Villaverde (1958). Completa a listaxe un grupo de veciños e veciñas, tamén cineastas, que todos os anos achegan a súa xenerosidade e talento a esta experiencia singular: o veterano de Igrexafeita Abel Vega (1958), o "adoptado" na Lobeira Fran Bermúdez (1978), o afouto mozo de Ferreira Roberto Bouza (1979), as famosas labregas de "Teño unha horta en San Sadurniño", (Consuelo Picos, Cruz Piñón, Carmen Couce e Carmen Bouza) e as divertidas "donas" de The Sungirls, (Graciela Galdo, Mónica Cibreiro e Olga Vigo). A chegada d@s cineastas está prevista o venres 2 as 18'00 na Casa de Cultura de San Sadurniño.
O cartel está inspirado na estatua de Navia, a deusa das augas . Coidamos que deusa tan poderosa será unha eficaz potenciadora da creatividade para cineastas tras do tempo da pandemia e ao mellor tamén contribúe a paliar a seca. O creador do cartel é o propio escultor do monumento a Navia, o popular artista local Carlos García Romero-

OBRADOIROS
Ademais do Encontro de Cineastas e as proxeccións gratuítas, desenvolveranse dous obradoiros tamén con entrada de balde.
Xoves, 1 (de 9:00 a 15:00h.): Fran X Rodríguez: "Corte a corte", eficaz montador e director de numerosos títulos do cinema e o audiovisual galego
Venres 2 (de 9:00 a 15:00h.): David Machado:“Isto non se arranxa na posprodución”, gañador dun Goya e oito Mestres Mateos polo seu traballo co son e considerado como un dos profesionais máis sobranceiros da dirección do espazo sonoro na produción audiovisual galega.

EXPOSICIÓN
Exposición na Galería da Casa do Concello celebrando os "XX anos de O bosque animado", primeira película europea en 3D. Inauguración o venres día 2 as 18:45h. coa presenza do seu director e produtor Manolo Gómez. Permanecerá aberta ata o 30 de setembro. Descarga o folleto aquí

PROXECCIÓNS GRATUITAS
Xoves 1 as 19:00h. : "A paisaxe humana de San Sadurniño". Proxección de pezas singulares protagonizados por homes e mulleres de San Sadurniño: OCULTAS NA PAISAXE (2017) de Sabela Pernas, CRUZ PIÑÓN (2015) de Xisela Franco, A BIZCOCHADA (2016) de Carlos Quirós, CAFÉ BAR SANTOS (2015) de Sonia Méndez, MATÍAS (2016) de Sandra Sánchez, A CASA (2018) de Carlos Viana, POIS ISO, QUE TE QUERO (2017) de Beatriz del Monte, MBEMBA EN SANSA (2020) de Luís Avilés, IRMANDADE (2019) de Samuel Delgado/Helena Girón, NON TEÑO DONO (2019) de The Sungirls.

Venres 2 as 20:30h.: "Eira de cineastas". Proxección de pezas de cineastas asistentes presentadas polos creadores e creadoras:
CANDO RUXE O FORMIGUEIRO (2017) de Abel Vega, LA PARRA (fragmento) (2022) de Alberto Gracia, FOLGA DO TRANSPORTE (2022) de Andrea Pena, O INTRUSO (2022) de Ariadna Silva, BONIATOS NO PAÍS DO SOL PONIENTE (2018) de Carmen Bouza, Carmen Couce, Cruz Piñón e Consuelo Picos, ADONDAR A LINGUA (2017) de Celia Parra, EL VIAJE (2021) de Claudia Pineda, LA PENUMBRA (2020) de Dani Viqueira, O CASTIÑEIRO MORTO (2019) de Domingo Díaz, TRAE (2020) de Fran Bermúdez, A LOBA (2020) de Iria Silvosa, O ROUBO DA DROJA II. CAMIÑO DA VINGANZA (2020) de Naraiomedia, ASÍ SOY (2022) de Pablo Martínez, TRES AMIGAS, UNA PARTIDA DE OCA Y UN MELOCOTÓN A MEDIO PELAR (2022) de Andrea Fernández e Paula Vilariño, RUBÍ (2022) de Raquel Álvarez, NOTAMOTOF (2004) de Rubén Coca, BALADA DOS CAMIÑOS (2021) de Sofía Naseiro, NON TEÑO DONO (2019) de The Sungirls, FUKUSHIMA (2021) de Toño Chouza, MARÍA CASARES: A MULLER QUE VIVÍU MIL VIDAS (fragmento) (2022) de Xavier Villaverde.

Sábado 3 as 20:30h.: "Gran Chanfaina": "Malencolía" de Afonso Zarauza, coa presenza do director.

Domingo 4 as 19:00h.: "O ronsel da Chanfaina": Últimas pezas curtas realizadas por cineastas que participaron na Chanfainalab en edicións anteriores: O FUTURO É DAS CABRAS (2022) de Oliver Laxe, ATALAIA/PIUEIRO (2022) de Xisela Franco, ROMPENTE (2022) de Eloy Domínguez, AUGAS ABISAIS (2020) de Xacio Baño, O NIÑO DOS PAXAROS (2022) de Lucía Estévez.

O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño e a Aula Cemit. O encontro está patrocinado pola Deputación de A Coruña e o Concello de San Sadurniño.
Podes acceder a toda a información descargando o catálogo completo de actividades e biografías d@s cineastas participantes ou a través das nosas redes sociais:
- Facebook da Chanfaina'lab
- Instagran da Chanfaina'lab
- Twitter da Chanfaina'lab
- Facebook do Concello de San Sadurniño
- Twitter do Concello de San Sadurniño
- Web do Concello de San Sadurniño

Novas publicadas:
El VII Chanfaina Lab busca reunir al talento audiovisual en San Sadurniño
San Sadurniño volverá converterse en plató de cine na primeira fin de semana de setembro
«San Sadurniño é un universo de historias, tantas como persoas»
Dous obradoiros para aprender o básico dunha curtametraxe
O VII Chanfaina Lab bota a andar cun obradoiro sobre montaxe
San Sadurniño volve converterse en escenario de película coa VII edición da ChanfainaLab

  • 7ª Chanfainalab

  • Obradoiros 2022

  • Cartel da exposición de "O bosque animado"

  • Proxeccións da 7º Chanfainalab

load

Documentos:

Folleto exposición "O bosque animado"
Programa completo da 7º Chanfainalab

Comentarios

Máis imaxes

Temas: eventos, San Sadurniño (Concello), cinema, Chanfaina'Lab, visitantes, creador@s, vídeos, lecer

Compartir en: